Alta de Vehículos de Tracción Mecánica

Se desexa coñecer primeiro o importe a pagar sen necesidade de completar todo o formulario puede acceder ao formulario de cálculo de taxa en simulación:

Instrucións

Cubra este formulario para poder proceder coa súa autoliquidación. Para exencións requirese entrega presencial. Consulte o Artigo 4 na Ordenanza 3ª

Datos do Vehículo e Liquidación

Número do Bastidor (VIN): Deben indicarse os datos que aparezan na Tarxeta de Inspección Técnica do vehículo dentro do recadro "Número de Identificación" .

Clasificación: Deberá indicar a cifra que figure na Tarxeta de Inspección Técnica do vehículo dentro do recadro "Clasificación del vehículo".

Nº trimestres: Deberán indicarse os trimestres que quedan para rematar o ano contando no que se encontra completo

Prazas: Deberá indicarse a cifra que figure na Tarxeta de Inspección Técnica do vehículo no apartado "Número de asentos".

Carga útil (Kg.): Deberá indicarse a cifra que resulte de restar á Tara ó Peso Máximo Autorizado (MMA) que figuren na Tarxeta de Inspección Técnica do vehículo.

Potencia (C.V.F.): Deberá indicarse a cifra que figure na Tarxeta de Inspección Técnica do vehículo no apartado "Potencia fiscal".

Cilindrada (cm3): Deberá indicarse a cifra que figure na Tarxeta de Inspección Técnica do vehículo no apartado "Cilindrada (cm3)".

Datos do vehiculo
Liquidación
Características suxeitas a bonificación

Para poder gozar das bonificacións a que se refire este apartado, os interesados deberán instar a súa concesión.Bonificacións para vehículos das clases turismos, camións, furgóns, furgonetas, vehículos mixtos adaptables, autobuses e autocares

  • Vehículos híbridos (motor eléctrico-gasolina, eléctrico-diesel ou eléctrico-gas) que estean homologados de fábrica, incorporando dispositivos catalizadores, adecuados a súa clase e modelo, que minimicen as emisións contaminantes. Estes vehículos gozarán da bonificación durante dous anos naturais dende a súa primeira matriculación.
  • Vehículos novos sen matricular clasificados como turismos de motor de gasolina ou diesel, cuxa marca e modelo se inclúan entre os vehículos máis eficientes con cualificación de Eficiencia Enerxética nos termos do Real Decreto 837/2002.
  • Vehículos novos sen matricular aínda non estando cualificados de Eficiencia Enerxética A), as súas emisións de CO2 non sexan superiores a 120 g/km.
  • Vehículos de motor eléctrico e/ou de emisións nulas gozando da bonificación con carácter indefinido, en tanto manteñan as circunstancias de motor e emisións sinaladas.
  • Vehículos que utilicen como combustible biogás, gas natural comprimido, metano, metanol ou hidróxeno gozarán da bonificación na cota durante dos anos naturais dende a súa matriculación. Aplicarase esta bonificación a vehículos adscritos a licenzas de autotaxi que utilicen combustible GLP (gases licuados do petroleo).
Seleccione o concepto de bonificación que cumple o seu vehículo no seu caso.

Conceptos de bonificación 75%
Datos do solicitante

Introduza os seus datos.

Nome
Documento de identificación
Enderezo fiscal do solicitante

Introduza enderezo fiscal

Dirección
Enderezo a efectos de notificación

Introduza o seu enderezo para notificación

Dirección
Datos a efectos de notificación

Introduza os datos de correo electrónico e teléfono para poderlle notificar se é preciso.

Correo electrónico, teléfono
Datos do representante

Datos do representante (Se procede)

Documento de identificación
Nome e Cargo
Autoliquidación complementaria

En caso de tratarse de autoliquidación complementaria debe indicar:

  • Número de xustificante asociado
  • Importe a pagar
  • Motivo de la autoliquidación complementaria

Datos complementarios
(*) Campos obrigatorios

Estes datos incorporaranse ás correspondentes actividades de tratamento do Concello de Vigo e serán tratados coa finalidade específica de cada tratamento de conformidade coa regulación establecida polo Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo, L. O. 3/2018, de 5 do decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais e demais disposición de aplicación.

A lexitimación do tratamento pode estar baseada no consentimento das persoas interesadas e/ou o cumprimento dunha obrigación legal e/ou o cumprimento dunha misión realizada en interese público e/ou a protección de intereses vitais e/ou a execución dun contrato.

O prazo de conservación dos datos dependerá do especificado para cada tratamento de datos persoais.

Os datos solicitados unicamente serán obxecto de cesión, no seu caso, previo consentimento da persoa interesada ou de acordo co previsto na citada lexislación.

As persoas cuxos datos persoais sexan tratados polo Concello de Vigo poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidad, así como a opoñerse á toma de decisións individuais automatizadas, incluída a elaboración de perfís, na forma prevista na lexislación vixente sobre a materia, ante o órgano responsable do ficheiro. No caso de descoñecer este órgano, diríxirase ao correo dpd.vigo@vigo.org

Así mesmo os usuarios e usuarias tamén teñen dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.

ADVÍRTESELLE QUE conforme co disposto no apartado 4 do artigo 69 da lei 39/2015 de 1 de outubro de PAC das AAPP, "A inexactitude, falsidade ou omisión, de carácter esencial, en calquera dato, manifestación ou documento que se acompañe ou incorpore a unha declaración responsable ou a unha comunicación previa, ou a non presentación ante a administración competente da declaración responsable ou comunicación previa, determinará a imposibilidade de continuar co exercicio do dereito ou actividade afectada desde o momento en que se teña constancia de tales feitos, sen prexuízo das responsabilidades penais, civís ou administrativas a que houbese lugar.

Así mesmo, a resolución da administración pública que declare tales circunstancias poderá determinar a obriga do/a interesado/a de restituír a situación xurídica ao momento previo ao recoñecemento ou ao exercicio do dereito ou ao comezo da actividade correspondente, así como a imposibilidade de instar un novo procedemento co mesmo obxecto durante un período de tempo determinado, todo iso conforme aos termos establecidos nas normas sectoriais de aplicación."

No caso de solicitude de "Identificación do condutor en multas de tráfico do Concello de Vigo" en cumprimento do Regulamento UE 2016/679 comunicase que o responsable do tratamento dos seus datos personais é o CONCELLO DE VIGO, sendo encargado do mesmo a empresa concesionaria ("Servicios de Colaboración Integral, S.A"). A finalidade do tratamento é a xestión das denuncias de tráfico formuladas polo incumprimento das normas de Lei de Seguridade Vial. A lexitimación do tratamento radica no art. 6 do RGPD. Poderán acceder aos seus datos o Concello de Vigo e Servicios de Colaboración Integral exclusivamente para xestionar a finalidade descrita.


Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información