Escudo Concello de Vigo
Perfil

Perfil de Contratante.

Dende a entrada en vigor da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se transpoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, de 26 de febreiro de 2014, o perfil de contratante do Concello de Vigo e do seu organismo autónomo Xerencia de Urbanismo están integrados na Plataforma de Contratación del Sector Público. Para acceder ás licitacións publicadas do Concello de Vigo e o seu Organismo Autónomo dependente Xerencia de Urbanismo desde esa data prema os seguintes enlaces:

Neste perfil de contratante poderá consultar:

  • Os anuncios e a documentación relativos aos procedementos en curso rexidos polo Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público.
  • A información relativa aos contratos menores.
  • O histórico de licitacións desta Administración.

Actividade contractual por órganos de contratación

Pode consultar a información da actividade contractual dos órganos de contratación do Concello de Vigo e dos seus Organismos Autónomos dependentes:

Buscador de anuncios e contratos

Buscar

Contratos menores formalizados

Pode consultar a información dos contratos menores formalizados polo Concello de Vigo e o seus organismos autónomos no portal de Transparencia

Órgano Independente de Recursos Contractuais

Órgano creado no ámbito da Administración municipal do Concello de Vigo e dos seus organismos ou entidades dependentes que teñan o carácter de poderes adxudicadores, en aplicación do sinalado no parágrafo terceiro do artigo 46.4 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público.

Será competente para:

  • O coñecemento e resolución dos recursos especiais en materia de contratación mencionados no artigo 44 da Lei 9/2017, de 8 de novembro.
  • A adopción de decisións en relación coas medidas cautelares do artigo 49 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, que se soliciten no marco do procedemento da letra a).
  • A resolución das reclamacións e cuestións de nulidade plantexadas por infracción das normas da Lei 31/2007, de 30 de outubro, sobre procedementos de contratación nos sectores da auga, a enerxía, os transportes e os servizos postais, e para a adopción das medidas cautelares de carácter provisional previstas no artigo 103 da mesma norma.

Acordo adoptado polo pleno do Concello de Vigo en sesión ordinaria do 05/04/2018 (BOPPO 09/05/2018)

Datos históricos

Datos históricos anterior Perfil de Contratante (Previos a abril 2011):

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información