Contratación. Contratos Menores
Contratos menores formalizados
Pode consultar a información dos contratos menores formalizados polo Concello de Vigo e o seus organismos autónomos no portal de Transparencia
Datos de contacto : Xerencia Municipal de Urbanismo
- Teléfono: 986810346
- Fax: 986220127
- Correo electrónico: urb.scentrais@vigo.org
- Dirección: Praza do Rei, s/n. 36202 Vigo
- Mesa de contratación: Composición Mesa de Contratación
- Observacións: As solicitudes por escrito ao órgano de contratación se presentarán a través do Rexistro Xeral da Xerencia Municipal de Urbanismo.
Datos históricos (perfil do contratante)
Datos históricos do Perfil do Contratante anterior á entrada en vigor da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público. Neste perfil de contratante poderá consultar:
- Os anuncios e a documentación relativos aos procedementos en curso rexidos polo Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público.
- A información relativa aos contratos menores.
- O histórico de licitacións desta Administración.
Órgano Independente de Recursos Contractuais
Órgano creado no ámbito da Administración municipal do Concello de Vigo e dos seus organismos ou entidades dependentes que teñan o carácter de poderes adxudicadores, en aplicación do sinalado no parágrafo terceiro do artigo 46.4 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público.
Será competente para:
- O coñecemento e resolución dos recursos especiais en materia de contratación mencionados no artigo 44 da Lei 9/2017, de 8 de novembro.
- A adopción de decisións en relación coas medidas cautelares do artigo 49 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, que se soliciten no marco do procedemento da letra a).
- A resolución das reclamacións e cuestións de nulidade plantexadas por infracción das normas da Lei 31/2007, de 30 de outubro, sobre procedementos de contratación nos sectores da auga, a enerxía, os transportes e os servizos postais, e para a adopción das medidas cautelares de carácter provisional previstas no artigo 103 da mesma norma.
Acordo adoptado polo pleno do Concello de Vigo en sesión ordinaria do 05/04/2018 (BOPPO 09/05/2018)