Uso do DNI electrónico
Pode acceder á Carpeta Cidadá mediante o DNI electrónico. Con este sistema poderá acceder a todos os servizos da Carpeta Cidadá sen necesidade de ir ao Concello.
Solicitar o DNI electrónico
- Se non ten DNI electrónico pode solicitar cita na súa cidade a través da páxina web: www.citapreviadnie.es.
- Calquera dúbida relacionada co DNIe pode resolvela no teléfono 900 364 463 ou na páxina web: www.dnielectronico.es
Uso do DNI electrónico
Para utilizar o DNI electrónico necesita:
- Ter un DNI electrónico en vigor
- Posuír o PIN ou clave do DNI electrónico
- Un ordenador
- Un lector de tarxetas (estándar ISO 7816) compatible co DNI electrónico correctamente instalado
- Instalar o software criptográfico da área de descargas do www.dnielectronico.es