Rexistro Electrónico
"Rexistro Electrónico de documentos 24h ao día, todos os días do ano".
- O Rexistro Electrónico de Documentación é para uso da cidadanía e empresas rexistrados na Carpeta Cidadá, para que se poidan enviar desde a Web Oficial do Concello de Vigo (www.vigo.org) solicitudes, escritos e comunicacións ao Rexistro Xeral do Concello.
- Darase a mesma validez aos escritos, solicitudes e comunicacións presentada no Rexistro Telemático de Documentación, que as que se presentan fisicamente no Rexistro Xeral do Concello.
- Poderanse presentar solicitudes, escritos e comunicacións todos os días do ano durante as vinte e catro horas. Ao formulario de envío pódenselle anexar calquera tipo de documentación (Documentos, Imaxes ou Planos).