Escudo Concello de Vigo

Calendario do contribuinte

Nesta sección recóllense as datas de comezo e final de cobranza, en período voluntario, dos padróns de tributos de cobro periódico e notificación colectiva correspondentes ao exercicio 2019, así como as datas para o cargo en conta dos recibos domiciliados nas entidades financeiras e data límite de presentación da solicitude de domiciliación para que sexa efectiva no ano en curso (sobrepasada a data límite será efectiva no ano seguinte).

Primeiro semestre

Imposto vehículos de tracción mecánica (IVTM):

  • Comezo do período voluntario: 1 de abril.
  • Finalización do período voluntario: 5 de xuño.
  • Cargo en conta dos recibos domiciliados: 5 de xuño.
  • Data límite de presentación da solicitude de domiciliación para que sexa efectiva no ano en curso: 14 de marzo.

Taxa recollida do lixovivenda:

  • Comezo do período voluntario: 3 de xuño.
  • Finalización do período voluntario: 5 de agosto.
  • Cargo en conta dos recibos domiciliados: 5 de agosto.
  • Data límite de presentación da solicitude de domiciliación para que sexa efectiva no ano en curso: 21 de maio.

Segundo semestre

Exaccións unificadas industriais (Lixo industrial):

  • Comezo do período voluntario: 1 de xullo.
  • Finalización do período voluntario: 5 de setembro.
  • Cargo en conta dos recibos domiciliados: 5 de setembro.
  • Data límite de presentación da solicitude de domiciliación para que sexa efectiva no ano en curso: 13 de xuño.

Imposto sobre bens inmobles (IBI) urbana e BICES:

  • Comezo do período voluntario: 2 de setembro.
  • Finalización do período voluntario: 5 de novembro.
  • Cargo en conta dos recibos domiciliados: 5 de novembro.
  • Data límite de presentación da solicitude de domiciliación para que sexa efectiva no ano en curso: 8 de agosto.

Imposto sobre bens inmobles de natureza rústica (IBI Rústica):

  • Comezo do período voluntario: 2 de setembro.
  • Finalización do período voluntario: 5 de novembro.
  • Cargo en conta dos recibos domiciliados: 5 de novembro.
  • Data límite de presentación da solicitude de domiciliación para que sexa efectiva no ano en curso: Pendente de confirmación.

Imposto actividades económicas (IAE):

  • Comezo do período voluntario: 2 de setembro.
  • Finalización do período voluntario: 5 de novembro.
  • Cargo en conta dos recibos domiciliados: 5 de novembro.
  • Data límite de presentación da solicitude de domiciliación para que sexa efectiva no ano en curso: 8 de agosto.

Pode vostede ademais consultar a normativa que regula o prezo destes impostos e, en xeral, os de todos os servicios que presta o Concello.

Tamén pode consultar as normas de procedemento para o ingreso dos tributos municipais de cobro periódico e notificación colectiva do Concello de Vigo.

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información