SEDE ELECTRÓNICA

Os informes recollidos nesta páxina pretenden realizar un pormenorizado estudo do custo actual dos servizos financiados con taxas ou prezos públicos do Concello, así como estimar a súa evolución probable durante o próximo ano en curso, co obxecto de establecer a taxa necesaria para a súa financiación en base a uns criterios que proporcionen a cobertura total ou parcial de dito custo.

Neste estudo inclúense a totalidade dos gastos tanto directos como indirectos, que contribúen á formación do custo do servizo ou actividade, incluso os de carácter financeiro, amortización de inmobilizado e xerais que sexan de aplicación.

Os datos para a confección deste estudo foron extraidos do orzamento do ano anterior ao referido, xa que, é o documento que mellor revela os custos de funcionamento dos servizos no presente exercicio.

Informes económicos de custos para o ano 2016

Informes económicos de custos para o ano 2015

Cadros resumo

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información