Servizo de Administración Electrónica
O Servizo de Administración Electrónica do Concello de Vigo é responsable do funcionamento técnico desta Sede Electrónica.
Son funcións do Servizo de Administración Electrónica, entre outras:
- Xestión, soporte técnico e coordinación da Sede Electrónica
- Impulso dos Servizos de Administración Electrónica dentro do Concello e de cara aos cidadáns
- Cooperación informática entre Administracións
- Xestión do uso das Telecomunicacións na Administración
- Creación e implantación de políticas de seguridade e aplicacións
- Mellora da calidade e produtividade no desenvolvemento de sistemas de información
- Adquisición e xestión dos recursos informáticos