O Concello de Vigo informa acerca do uso das cookies nas súas páxinas web.
As cookies son arquivos que se poden descargar no seu equipo a través das páxinas web. Son ferramentas que teñen un papel esencial para a prestación de numerosos servizos da sociedade da información. Entre outros, permiten a unha páxina web almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información obtida, pódense utilizar para recoñecer ao usuario e mellorar o servizo ofrecido.
Segundo quen sexa a entidade que xestione o dominio desde onde se envían as cookies e trate os datos que se obteñan pódense distinguir dous tipos: cookies propias e cookies de terceiros .
Existe tamén unha segunda clasificación segundo o prazo de tempo que permanecen almacenadas no navegador do cliente, podendo tratarse de cookies de sesión ou cookies persistentes .
Para rematar, existe outra clasificación con cinco tipos de cookies segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos: cookies técnicas, cookies de personalización, cookies de análises, cookies publicitarias e cookies de publicidade comportamental .
A continuación identifícanse as cookies que están sendo utilizadas neste portal así como a súa tipoloxía e función:
A páxina web do Concello de Vigo utiliza Google Analytics , un servizo de analítica web desenvolvida por Google, que permite a medición e análise da navegación nas páxinas web. No seu navegador poderá observar 4 cookies deste servizo . Segundo a tipoloxía anterior trátase de cookies propias, de sesión e de análise. Pode atopar máis información na páxina Uso das cookies de Google Analytics en sitios web.
A través da analítica web obtense información relativa ao número de usuarios que acceden á web, o número de páxinas vistas, a frecuencia e repetición das visitas, a súa duración, o navegador utilizado, o operador que presta o servizo, o idioma, o terminal que utiliza, ou a cidade á que está asignada a súa dirección IP. Información que posibilita un mellor e máis apropiado servizo por parte deste portal.
Outras das cookies que se descargan son cookies de tipo técnico para manter a sesión de usuario. Estas cookies permiten almacenar un identificador único por sesión a través do que é posible vincular datos necesarios para posibilitar a navegación en curso.
Para rematar, descárgase unha cookie propia, de tipo técnico e de sesión. Xestiona o consentimento do usuario para o uso das cookies na páxina web, co obxecto de recordar aqueles usuarios que as aceptaron e aqueles que non, de modo que aos primeiros non se lles mostre información na parte superior da páxina respecto diso.
O Concello asume que vostede acepta o uso de cookies. No entanto, mostra información sobre a súa Política de cookies na parte superior de calquera páxina do portal con cada inicio de sesión co obxecto de que vostede sexa consciente.
Ante esta información é posible levar a cabo as seguintes accións:
Vostede pode restrinxir, bloquear ou borrar as cookies do Concello de Vigo ou calquera outra páxina web, utilizando a súa navegador. En cada navegador a operativa é diferente, a función de 'Axuda" mostraralle como facelo.
Ademais, tamén pode xestionar o almacén de cookies no seu navegador a través de ferramentas como as seguintes:
Concello de Vigo
Servizo de Administración Electrónica
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).