SEDE ELECTRÓNICA

Verificación de documentos (CSV)

Acordo da Xunta de Goberno Local do 12 de abril de 2018 (BOPPO 04/05/2018) - Ver en odt: Utilización de actuacións administrativas automatizadas no ámbito de competencias do Concello de Vigo, uso do sistema de código seguro de verificación e copias auténticas.

O artigo 27.2 e 3 LPAC establece que terán a consideración de copia auténtica dun documento público administrativo ou privado as realizadas, calquera que sexa o seu soporte, polos órganos competentes das Administracións Públicas nas que quede  garantida a identidade do órgano que realizou a copia e o seu contido e que as  copias electrónicas en soporte papel de documentos electrónicos requirirán que nas  mesmas figure a condición de copia e, conterán un código xerado electronicamente  ou outros sistemas de verificación que permitan contrastar a autenticidade da copia  mediante o acceso aos arquivos electrónicos do órgano ou organismo público  emisor.

A Sede Electrónica permite contrastar a autenticidade mediante o acceso aos documentos electrónicos orixinais dos seguintes documentos emitidos electronicamente:

Volantes de empadroamiento, certificados de pagamento e taxas pagas

Documentos asinados polo Concello de Vigo

Os documentos electrónicos  oficiais emitidos polo Concello de Vigo están asinados con certificado electrónico.

Estes documentos teñen unha versión securizada con inserción dun código CSV (Código Seguro de Verificación) que permite obter unha copia papel auténtica do documento orixinal asinado. Desta forma aínda que o documento se imprima e se perda a sinatura electrónica sempre se pode garantir a súa integridade e autenticación.

Estes documentos securizados permiten exercer a súa validación de dúas formas:

  • Formulario de validación de documentos por CSV
  • Validación mediante códigos QR: Pode validar o documento directamente mediante o código QR da banda inferior do documento utilizando a cámara do seu teléfono móbil con calquera aplicación de códigos QR (para Android, iOS, Blackberry o Windows Phone)

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información