A Sede Electrónica é un portal Web cun nivel superior de garantías e seguridade nos contidos e trámites electrónicos que vostede pode realizar co Concello de Vigo.
Segundo a Lei 11/2007, é a dirección electrónica dispoñible para a cidadanía a través de redes de telecomunicacións cuxa titularidade, xestión e administración corresponde a unha Administración Pública, órgano ou entidade administrativa no exercicio das súas competencias.
Identificación da Sede Electrónica e do portal ou punto de acceso electrónico principal do Concello de Vigo así como a regulación do Rexistro Electrónico no contexto das medidas de implementación das leis 39/2015 e 40/2015:
A Sede Electrónica permite a xestión mediante Internet de trámites e solicitudes dos servizos que se ofrecen á cidadanía polo órgano ao que se dirixen
Os trámites que realice a través da Sede Electrónica terán a mesma validez que de forma presencial
Pode presentar escritos, solicitudes, formular consultas sobre as solicitudes presentadas, en suma, realizar xestións online que antes só se podían facer de forma presencial.
Pode iniciar un trámite asociado a un procedemento por medio do formulario xenérico, ao que poderá achegar documentación complementaria. Ou pode obter información dos escritos presentados anteriormente.
Para poder realizar estas xestións de forma electrónica, deberá dispor dun certificado dixital. En caso de non posuílo, pode realizar os trámites presentando a súa solicitude de forma presencial. Ou a través da Carpeta Cidadá con usuario e clave.
Concello de Vigo
Servizo de Administración Electrónica
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).