Escudo Concello de Vigo

Identificación da sede

A Sede Electrónica é un portal Web cun nivel superior de garantías e seguridade nos contidos e trámites electrónicos que vostede pode realizar co Concello de Vigo.

Segundo a Lei 11/2007, é a dirección electrónica dispoñible para a cidadanía a través de redes de telecomunicacións cuxa titularidade, xestión e administración corresponde a unha Administración Pública, órgano ou entidade administrativa no exercicio das súas competencias.

  • A sede electrónica do Concello de Vigo está dispoñible a través da dirección electrónica: https://sede.vigo.org
  • A súa titularidade corresponde ao Concello de Vigo.
  • A responsabilidade da súa xestión, dos seus contidos e dos servizos postos a disposición da cidadanía é responsabilidade dos titulares dos centros directivos deste Concello.
  • A súa xestión tecnolóxica é competencia do departamento de Administración Electrónica do Concello de Vigo

Identificación da Sede Electrónica e do portal ou punto de acceso electrónico principal do Concello de Vigo así como a regulación do Rexistro Electrónico no contexto das medidas de implementación das leis 39/2015 e 40/2015:

Que podo facer na Sede Electrónica?

A Sede Electrónica permite a xestión mediante Internet de trámites e solicitudes dos servizos que se ofrecen á cidadanía polo órgano ao que se dirixen

Os trámites que realice a través da Sede Electrónica terán a mesma validez que de forma presencial

Pode presentar escritos, solicitudes, formular consultas sobre as solicitudes presentadas, en suma, realizar xestións online que antes só se podían facer de forma presencial.

Pode iniciar un trámite asociado a un procedemento por medio do formulario xenérico, ao que poderá achegar documentación complementaria. Ou pode obter información dos escritos presentados anteriormente.

Para poder realizar estas xestións de forma electrónica, deberá dispor dun certificado dixital. En caso de non posuílo, pode realizar os trámites presentando a súa solicitude de forma presencial. Ou a través da Carpeta Cidadá con usuario e clave.

Servizos da Sede Electrónica

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información