Escudo Concello de Vigo

Protección de Datos

A protección de datos garante o dereito dos cidadáns e cidadás a controlar os seus datos persoais e a dispor e decidir sobre os mesmos. Toda a cidadanía ten o dereito fundamental á protección da súa privacidade e dos seus datos persoais.

O tratamento dos datos de carácter persoal que se reciban a través desta sede electrónica axustarase aos principios e obrigacións establecidos no Regulamento do Parlamento Europeo e do Consello de 27 de abril de 2016 (RGDP), relativo á protección das persoas físicas con respecto ao tratamento de datos persoais e á libre circulación dos ditos datos, e polo que se derroga á Directiva 95/46/CE. Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (vixente ata a aprobación da nova Lei orgánica de protección de datos) e ao seu Regulamento de desenvolvemento, aprobado por Real Decreto 1720/2007, de 21 de decembro.

O Concello de Vigo comprométese ao cumprimento da súa obrigación de confidencialidade con respecto aos datos de carácter persoal que poidan ser solicitados a través dos servizos desta sede, e ao seu tratamento. Para estes efectos, adoptaranse as medidas necesarias para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado.

A recollida e tratamento automatizado de datos de carácter persoal ten como única finalidade a prestación dos servizos solicitados, e o seguimento de consultas realizadas polas persoas usuarias.

Os datos persoais proporcionados conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se recollen e para determinar as posibles responsabilidades que se puideran derivar da finalidade, ademais dos períodos establecidos na normativa de arquivos e documentación.

Con carácter xeral non se comunicarán os datos persoais a terceiros, salvo obrigación legal, entre as que poden estar as comunicacións a Xuíces e Tribunais.

En todo momento poderanse exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición solicitándoo á Dirección da Axencia por calquera medio que deixe constancia do seu envío e da súa recepción.

Delegado de Protección de datos

Para adecuar os procedementos municipais ao novo Regulamento Europeo de Protección de Datos (RGPD), 679/2016 e mellorar a práctica administrativa, o Concello de Vigo nomeou a un Delegado de Protección de Datos na institución, ao que se poderá dirixir a cidadanía a través do enderezo electrónico:

dpd.vigo@vigo.org

Enlaces relacionados:

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información