Escudo Concello de Vigo

Normativa aplicable

1.  Artigo 18.4 da Constitución Española garánteo da seguinte forma:

  • "A Lei limitará o uso da informática para garantir a honra e a intimidade persoal e familiar dos cidadáns e o pleno exercicio dos seus dereitos".

    Esta obrigación constitucional desenvólvese en Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD).

2. A nivel internacional, a referencia é:

  • Convenio nº 108, do Consello de Europa, para a protección das persoas con respecto ao tratamento automatizado de datos de carácter persoal, feito en Estrasburgo, o 28 de xaneiro de 1981.
  • Carta de Dereitos fundamentais da Unión Europea en artígo 8: "Protección de datos de carácter persoal
    1. Toda persoa ten dereito á protección dos datos de carácter persoal que lle conciernan.
    2. Estes datos trataranse de modo leal, para fins concretos e sobre a base do consentimento da persoa afectada ou en virtude doutro fundamento lexítimo previsto pola lei. Toda persoa ten dereito a acceder aos datos recolleitos que lle conciernan e a obter a súa rectificación.
    3. O respecto destas normas estará suxeito ao control dunha autoridade independente."
  • Na Unión Europea, Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello de 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos) (Texto pertinente a efectos do EEE).

3. A normativa española, Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, estará vixente en todo aquilo que non contradiga ao Regulamento Xeral de Protección de Datos, que será de aplicación inmediata.

Servizos da Sede Electrónica

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información