Os solicitantes obrigados a relacionarse a través de medios electrónicos coas Administracións públicas para a realización de calquera trámite dun procedemento administrativo segundo a obriga imposta polo artigo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (LPAC) e artigo 9 da Ordenanza de Administración Electrónica do Concello de Vigo, serán os seguintes suxeitos:
Xa que logo, os obrigados legalmente deberán presentar e tramitar por medios electrónicos a solicitude e documentación a través da sede electrónica do Concello de Vigo, por calquera dos mecanismos de identificación e sinatura electrónica admitidos na sede electrónica, que se poden consultar no enlace Carpeta cidadá. No caso de que se achegue a solicitude e/ou a documentación complementaria presencialmente por parte dos obrigados polo art. 14.2 LPAC e artigo 9 da Ordenanza de Administración Electrónica do Concello de Vigo, requirirase a súa subsanación mediante a súa presentación electrónica.
Os solicitantes non obrigados poderán achegar a súa solicitude e a documentación complementaria, en soporte papel, presencialmente ante o Rexistro xeral do Concello de Vigo, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Así mesmo e, pese a non estar obrigados, poderán optar pola tramitación electrónica da súa solicitude e documentación complementaria a través da sede electrónica do Concello de Vigo, e por calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos.
Concello de Vigo
Servizo de Administración Electrónica
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).