SEDE ELECTRÓNICA

Rexistro Electrónico

O Rexistro Electrónico permite a recepción e remisión desde a Sede de solicitudes xerais ou normalizadas, escritos e comunicacións vinculadas a determinados procedementos ou trámites.

Identificación da Sede Electrónica e do portal ou punto de acceso electrónico principal do Concello de Vigo así como a regulación do Rexistro Electrónico no contexto das medidas de implementación das leis 39/2015 e 40/2015:

Requisitos

Para poder presentar as solicitudes contempladas no Rexistro Electrónico deberá acreditar a súa identidade a través da Carpeta Cidadá mediante firma electrónica ou usuario e contrasinal.

Cómputo de prazos

O Rexistro Electrónico está accesible durante as 24 horas do día, todos os días do ano. No obstante, hai que ter en conta que, a efectos de cómputo de prazo, se considerarán días inhábiles aqueles declarados como tales no calendario anual de días inhábiles. A recepción nun día inhábil entenderase efectuada o primeiro día hábil seguinte, considerándose como data e hora de entrada as cero horas e un segundo do mesmo.

Validación e seguimento

Dende a páxina –Como vai a miña xestión?- pode comprobar as operacións que realizou co servizo de Rexistro Electrónico a partir do seu NIF e do número de rexistro ou o número de solicitude que figura no documento xustificante emitido polo Rexistro Electrónico. Se a información subministrada pola persoa interesada coincide cos datos do rexistro, e presentarase a información do estado actual da súa solicitude.

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información