IAE. Imposto de Actividades Económicas
Administración de Tributos - Departamento de I.A.E.- E.U.I.
- Enderezo: Concello de Vigo, Praza do Rei 1, Planta Baixa, 36202 Vigo.
- Teléfono: 986 810 294 / 986 810 100 Extensión 1797.
- Email: ofi.iaevigo.org
- Horario: De 9 a 13:30 horas de luns a venres.
O Imposto sobre Actividades Económicas é un tributo directo de carácter real, establecido con carácter obrigatorio, que grava o mero exercicio en territorio nacional, de actividades empresariais, profesionais ou artísticas, exérzanse ou non en local determinado e estean ou non especificadas nas tarifas do imposto.
Respecto deste imposto esta oficina encárgase da súa xestión, liquidación, inspección, recadación e revisión.
Normativa
- Ordenanza Nº 4: Ordenanza Fiscal Reguladora do Imposto sobre Actividades Económicas
- Real Decreto 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Facendas Locais.
Trámites
Pagamento
Bonificacións e Reduccións
Certificados
Declaracion Censal