SEDE ELECTRÓNICA

Normas de ingreso dos Tributos Periódicos

Pago Presencial / Internet

O Concello remitirá aos domicilios fiscais dos contribuíntes un aviso de pagamento que consta de tres exemplares, co que se poderá facer o ingreso en calquera entidade de depósito colaboradora coa recadación municipal (a práctica totalidade das mesmas), ou ben directamente na oficina da entidade de depósito que presta o servizo de caixa da Corporación sita no interior da Casa Consistorial, ata a data límite de ingreso que se sinala naquel, no horario de caixa establecido por cada entidade para o pagamento dos recibos non domiciliados.

O ingreso tamén poderá efectuarse a través de Internet, mediante tarxeta de crédito ou débito, na oficina virtual (pagamento de recibos) ou dende a carpeta cidadá do Concello de Vigo. Este servizo será totalmente gratuíto para os usuarios, calquera que sexa a entidade financeira emisora da tarxeta coa que se efectúa o aboamento.

Domiciliación

Vostede poderá facer o pagamento dos tributos municipais de cobro periódico mediante domiciliación bancaria, de forma sinxela a través da carpeta cidadá ou ben entregando o modelo de solicitude no Rexistro Xeral do Concello na forma descrita no trámite correspondente.

Durante os períodos de recadación dos distintos tributos (recollidos no calendario do contribuínte) vostede poderá solicitar a domiciliación, para os exercicios sucesivos, ao mesmo tempo de realizar o pago dos distintos tributos sen prexuízo de que deba facilitar, ao Concello de Vigo, a orde de domiciliación no modelo normalizado aprobado ao efecto.
As entidades colaboradoras nas que pode solicitar a domiciliación durante os períodos de recadación son as seguintes: Abanca, Banco Popular, Banco Pastor, Banco Santander, Caixa Bank, Novo Banco, Banco Sabadell, Ibercaja Banco e BBVA.

As/os contribuíntes que teñan domiciliado o tributo non recibirán a documentación de pagamento, cargándoselles na conta indicada o importe correspondente o último día do período voluntario. As devolucións que se produzan causarán baixa automáticamente no ficheiro xeral de domiciliacións do Concello para exercicios sucesivos.

As/os contribuíntes que tiveran os seus tributos domiciliados e aínda así reciban nos seus domicilios o documento de pagamento, será porque a domiciliación é incorrecta. Deberán entregar o xogo de documentos na entidade bancaria que o tratará como un cobro de ventá sen prexuízo de que, unha vez asinada a autorización, sexa informatizada a citada domiciliación para exercicios posteriores.

Caixeiros automáticos

O pago dos recibos dos tributos periódicos que non se atopen domiciliados (Taxa pola recollida de lixo, Exaccións Unificadas Industriais, Imposto sobre Bens Inmobles, Imposto sobre Actividades Económicas e Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica) pódese realizar tamén a través dos caixeiros automáticos das entidades financeiras colaboradoras na recadación que teñan habilitada esta opción por levar incorporado un lector de código de barras.

Impresión de recibos

As/os contribuíntes que por calquera causa deixen de recibir o documento de pagamento poderán OBTER un duplicado a través da carpeta cidadá do Concello de Vigo ou nesta páxina da nosa web.

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información