Escudo Concello de Vigo

Alta na Carpeta do Cidadá. Petición de clave

Este trámite permite solicitar o usuario e contrasinal para ter acceso ao servizo persoalizado da Carpeta do Cidadán.

Como facelo

Por Internet

Para obter un nome de usuario e contrasinal de acceso á consulta debe cumplimentar a solicitude de acceso.

Unha vez rematada a solicitude poderá recoller a contrasinal xerada na oficina de Información do Concello ou no Rexistro da Xerencia Municipal de Urbanismo o primeiro día laborable, a partir da solicitude, presentando orixinal e copia dos adecuados documentos requeridos de identificación.




Documentación requirida

  • Persoas físicas
    • DNI (orixinal)
  • Empresas
    • Orixinal do poder notarial e fotocopia do DNI da persoa apoderada
    • Tarxeta de identificación fiscal
    • Autorización da persoa apoderada á persoa que recolle o contrasinal
    • DNI orixinal da persoa que recolle o contrasinal
  • Entidades e asociacións
    • Orixinal da acta de constitución ou documento equivalente a valorar pola Oficina de asistencia no Rexistro e Información
    • Tarxeta de identificación fiscal
    • Nomeamento da presidencia
    • Autorización e fotocopia do DNI do presidente á persoa que recolle o contrasinal
    • DNI orixinal da persoa que recolle o contrasinal

Trámites relacionados

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información