
Estas axudas teñen por obxecto a concesión de axudas ás familias dos/as alumnos/as de centros docentes públicos e privados concertados, de educación infantil (2ª etapa), educación primaria e secundaria obrigatoria, con enderezo en Vigo, para o curso escolar 2025-2026.
As axudas de libros, material escolar e comedor van dirixidas, prioritariamente, a menores de familias con dificultades socioeconómicas e de conciliación da súa vida familiar e laboral.
As axudas serán por tanto de dous tipos:
1. Axudas para a adquisición de libros e material escolar para Educación Infantil (2ª etapa). No concepto de material escolar inclúese todo o material necesario para o desenvolvemento do curso académico en función das obrigas de cada colexio e as súas técnicas de aprendizaxe (mandilón, chándal, zapatillas deportivas, material informático e material funxible, mochila, uniforme, máscaras, etc.).
2. Axudas para comedores escolares (de setembro a xuño, ámbolos dous incluídos) para alumnos/as matriculados/as nos niveis de Educación Infantil (2ª etapa), Educación Primaria e Educación Secundaria Obligatoria.
As axudas de libros, material escolar e comedor van dirixidas, prioritariamente, a menores de familias con dificultades socioeconómicas e de conciliación da súa vida familiar e laboral.
Prema no botón "Tramitar por Internet" e siga os pasos que se lle indican -> Dispoñible o primeiro día de prazo
Recorde que a solicitude non será rexistrada ata que achegue a documentación requirida.
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
Só mediante cita previa na web citaprevia.vigo.org, no apartado "axudas municipais escolares", en horario, de luns a venres, de mañá de 9:00 a 13:45 horas.O prazo para presentar a solicitude e a documentación requerida é do 5 de marzo ao 2 de abril (ámbolos dous incluidos).
Lonxa do Concello
Praza do Rei 1. Pranta baixaHorario: Luns a venres de 9:00 a 13:45 horas. (Só mediante cita previa)
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).