Certificado de Información Catastral

É un certificado no que constan os Bens Inmobles do interesado no ámbito nacional.

Este certificado é de carácter gratuito.

A quen está dirixido

Calquera persoa.

Como facelo

Presencialmente

A solicitude farase directamente no Departamento de Base de Datos e entregarase directamente ao interesado, presentando o seu Documento Nacional de Identidade.

Tamén poderá entregarse a un representante que aporte autorización do propietario debidamente rubricada e co DNI de ambos (Propietario e Representante). O modelo de autorización está dispoñible nesta páxina (no apartado de documentación requerida) e na oficina de Base de Datos do Concello.

Documentación requirida

Oficinas

  • Oficina Base de Datos Concello de Vigo
    Administración de Tributos - Departamento Base de Datos
    Planta Baixa
    Praza do Rei 1
    36202 Vigo
    Teléfono/Fax: 986 810 266
    Email: ofi.basedatos@vigo.org

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Trámites relacionados

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información