Escudo Concello de Vigo

Puntos de Información Catastral

A necesidade de dar resposta á crecente demanda de información catastral de quen non dispón dos medios informáticos e telemáticos apropiados, xustifica o establecemento dos Puntos de Información Catastral, que ofrecen ao cidadán todas as vantaxes da Oficina Virtual do Catastro sen máis condicionamento que a mera solicitude da prestación do servizo.

En efecto, o Punto de Información Catastral asumirá un papel de intermediador no exercicio do dereito de acceso á información catastral do cidadán, ao que poderá desde agora fornecer toda a información que sobre o mesmo exista na base de datos nacional do Catastro, da que se nutre a Oficina Virtual do Catastro. Esta base de datos presenta as vantaxes de que contén información non só literal ou alfanumérica senón tamén cartográfica, e de que, ademais, actualízase diariamente de acordo co resultado dos procesos de actualización catastral realizados en todas e cada unha das Xerencias e Subxerencias do Catastro, directamente ou coa colaboración das Corporacións locais, os fedatarios públicos e outras entidades.

Os servizos aos que se pode acceder desde calquera Punto de Información Catastral son os seguintes:

a) Servizo de consulta libre e certificación electrónica de datos catastrais non protexidos e de cartografía dixital.

b) Servizo de consulta e certificación electrónica para os titulares catastrais dos datos protexidos, relativo aos bens inmobles da súa titularidade.

c) Servizo de certificación negativa de bens inmobles ou da circunstancia de non figurar como titular catastral, relativa ao propio solicitante.

d) Calquera outros servizos de consulta e certificación que se implanten no futuro, nos termos da Resolución que se dite ao efecto.

A quen está dirixido

Servizo de consulta e certificación de datos catastrais non protexidos:

Desde calquera Punto de Información Catastral, todos poderán consultar libremente os datos non protexidos sobre os bens inmobles incorporados á Base de Datos Nacional do Catastro.

Servizo de consulta e certificación electrónica dos datos catastrais protexidos:

Os titulares catastrais, así como os seus representantes, poderán, desde calquera Punto de Información Catastral, acceder aos datos protexidos dos bens inmobles da súa titularidade que figuren na Base de Datos Nacional do Catastro.

Como facelo

Por Internet

Presencialmente

Non é necesario formalidade algunha no caso de servizo de consulta e certificación de datos catastrais non protexidos . Excepcionalmente, poderá denegarse o acceso ao servizo cando polo volume dos datos solicitados ou outras causas operativas poida verse prexudicada a eficacia do servizo ou a atención dos demais usuarios.

No caso de servizo de consulta e certificación electrónica dos datos catastrais protexidos a solicitude de información deberá presentarse no modelo que estará a disposición dos interesados nos Puntos de Información Catastral, na páxina web da Dirección Xeral do Catastro e nesta mesma páxina, na que se fará constar a identidade do solicitante e a información requirida, e na que será imprescindible a consignación do número de identificación fiscal do titular catastral. A solicitude conterá, ademais, a correspondente autorización á entidade xestora do servizo para acceder aos seus datos desde o Punto de Información Catastral. Xunto á solicitude debe presentarse a documentación acreditativa da representación ou autorización con que se actúe, cuxa validez e eficacia será constatada polo responsable do servizo na propia solicitude (o modelo de autorización do titular catastral que poderá utilizarse para este efecto esta dispoñible nesta páxina).

Os interesados poderán tamén solicitar certificación da circunstancia de non figurar como titular catastral de bens inmobles na Base de Datos Nacional do Catastro.

Documentación requirida

  • No caso de que o solicitante actúe a través de representante, ademais:
    • Modelo de autorización do titular catastral O presente documento debe acompañarse da fotocopia do D.N.I. do autorizante e a súa validez limítase a devandita solicitude.
      O autorizado debe acreditar a súa identidade.

Observacións

Os documentos xerados polo Punto de Información Catastral conterán a data da súa expedición e un código electrónico que permita a comprobación da súa integridade e autenticidade e gozarán de plena validez e eficacia, de conformidade co establecido polo artigo 96 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeneral Tributaria, e polo artigo 41 do texto refundido da Lei do Catastro Inmobiliario.

Oficinas

  • Punto de Informacion Catastral

    Concello de Vigo
    Administración de Tributos - Departamento Base de Datos
    Planta Baixa
    Praza do Rei 1
    36202 Vigo
    Teléfono/Fax: 986 810 266
    Email: ofi.basedatos@vigo.org

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

  • Punto de Informacion Catastral

    Rua Zamora 98 BJ
    36211 Vigo

    Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00.

  • Punto de Informacion Catastral

    Concello de Vigo
    Servizo de Xestión Catastral Delegada
    Planta Baixa
    Praza do Rei 1, 36202
    Teléfono: 986 810294
    Fax: 986 225497
    Email: ofi.xcatastral@vigo.org

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas

Lexislación relacionada

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información