Solicitude de Praza nas Escolas Infantís Municipais Curso 2024 / 2025

As escolas infantís municipais (EIM) son centros de titularidade municipal, que escolarizan a nenos e nenas de 0 a 3 anos empadroados no termo municipal, e que promove o Servizo Municipal de Educación do Concello de Vigo.

A convocatoria de solicitudes de prazas para o curso 2024-2025 desenvólvese no sitio web da Rede de Escolas Infantís do Concello de Vigo.

A quen está dirixido

Como facelo

Por Internet

Clique non botón "Tramitar por internet" e siga os pasos que se lle indican.




Presencialmente

O Formulario de Solicitude, xunto coa documentación requirida, presentarase no Rexistro Xeral do Concello de Vigo.

Documentación requirida

    • Formulario de Solicitude de praza nas Escolas Infantís Municipais
    • Fotocopia do Documento nacional de identidade (DNI) ou outro documento acreditativo da identidade da nai e do pai, ou dos representantes legais.
    • Fotocopia do Libro de Familia completo
      ou, no seu defecto, outro documento que acredite oficialmente a situación familiar.
    • Vida Laboral
      da nai e do pai ou representantes legais.

Información

  • Servizo de Educación do Concello de Vigo

    Concello de Vigo - Andar 11 36201 Vigo

    Teléfonos: 986 810 181

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

  • Teléfono de Atención Cidadá Desde Vigo 010 / Desde móbil ou fóra de Vigo 986810260.

    Horario: Luns a Venres de 8 a 20 horas e Sábados de 10 a 14 horas

  • Escolas infantís municipais EIM Santa Cristina, Tel. 986 280732
    EIM Santa Marta, Tel. 986 442153
    EIM Atalaia, Tel. 986 376503
    EIM Costeira, Tel. 986 498677
    EIM Tomás Alonso, Tel. 986 291206
    EIM Bouzas, Tel. 986 246550
    EIM Mestres Goldar, Tel. 986 239644
    EIM Navia, Tel. 986 687822

    Horario: EIM Bembrive, Tel. 986 272138

Normativa Municipal

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información