Escudo Concello de Vigo

Inscrición no Programa Banco do Tempo

O Banco do Tempo é unha entidade onde se intercambian bens, coñecementos e servizos. A forma de pago é a hora, que se contabiliza mediante cheques de tempo. Non se trata dun intercambio directo entre dúas persoas, senón entre unha rede comunitaria na que cada un ofrece e demanda o que lle interesa.

Unha persoa deposita unhas horas de tempo, ofrecendo un servicio, coñecemento ou ben, e a cambio pode pedir tempo doutras persoas para resolver algunhas necesidades do día a día.

A quen está dirixido

O Banco do Tempo pode acudir calquera persoa sen exclusión e sen vergoña. A partir dos 18 anos podese apuntar calquera persoa.

Como facelo

Presencialmente

Todas as persoas interesadas deberán dirixirse ao seu Centro Municipal máis próximo para darse de alta. Alí recibirán toda a información que precisen e poderán inscribirse, facilitando os datos necesarios para darse de alta e indicando o servizo que ofertan ou demandan. Así mesmo, poderán ver as ofertas xa existentes e os posibles obradoiros que se podan realizar a través do servizo do Banco do Tempo.

Observacións

As actividades dependen directamente das capacidades e habilidades propias das persoas usuarias. Van desde o ensino de diferentes materias (inglés, informática, matemáticas, química,...) ata pintar un valado, facer compañía, ou intercambiar bens ou actividades demandadas.

Se xa eres membro, conéctate a aplicación co teu usuario e contrasinal, se aínda non o es, anímate e infórmate no teu Centro Municipal máis próximo. Seguro que tes moito que aportar!

Non esquezas visitar o noso blog , coas novedades e posibles eventos onde poder participar.

Oficinas

  • Oficina do Servizo de Participación Cidadá

    Concello de Vigo
    Praza do Rei 1 - Planta 2ª
    Teléfonos: 986 810 157 / 986 810 290
    Fax: 986 810 263
    Correo electrónico: ofi.pcidada@vigo.org // ofi.acidada@vigo.org

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información