Escudo Concello de Vigo

Modificación Datos Persoais no Padrón

O Padrón é o rexistro que acredita a residencia e o enderezo dos veciños do municipio para tódolos efectos administrativos.

A quen está dirixido

Toda persoa que viva en España ten a obriga de inscribirse no padrón do municipio onde reside habitualmente.

Este trámite vai dirixido a aquelas persoas inscritas que queren actualizar ou modificar os seus datos persoais.

Como facelo

Presencialmente

Deberá solicitar a corrección nas oficinas do Concello mostrando o documento que acredite o dato correcto.

Documentación requirida

  • Documento acreditativo do dato correcto
    ORIXINAL, referente ó dato que se modifica.

Observacións

- Os que vivan en máis dun municipio inscribiranse no que residan durante máis tempo ó ano.

- O veciño ten dereito a coñecer a información que consta no Padrón sobre a súa persoa e a esixir a súa rectificación cando sexa errónea ou incorrecta.

- A presentación da folla de inscrición / modificación cumprimentada no Concello implica a súa conformidade para actualizar o Censo Electoral en consonancia cos datos reflectidos nela.

Oficinas

  • Estatística - Vivendas

    Concello de Vigo
    Planta Baixa - Praza do Rei nº1
    36202 - Vigo
    Teléfono: 986 810 132

Lexislación relacionada

Trámites relacionados

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información