Solicitude / Autoliquidación de Licenza para Obras en Dominio Público: Canalizaciones

Terán a consideración de canalizacións todas as aperturas de solo ou pavimento que tendo carácter lineal, as súas características superen os máximos establecidos para as calas. O carácter lineal virá dado polo feito de que a lonxitude da apertura de solo ou pavimento sexa como mínimo dez veces maior que a da súa anchura.

A efectos desta Ordenanza entenderanse incluidas nas canalizacións que afecten á calzada, non só a principal, senón as secundarias que a leven ata o bordo da beirarrúa necesarias para dar servizo a todos os futuros usuarios.

En consecuencia, e a estes efectos, as licenzas para acometidas comprenderán só aquélas que se executen en beirarrúas.

A quen está dirixido

Calquera persoa ou entidade.

Como facelo

Por Internet

Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.

Se o que desexa é facer unha simulación da cota a pagar, pulse no botón "Acceso Simulación" unha vez pulsado "Tramitar por Internet".




Presencialmente

Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.

Unha vez feito o pago, presente o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, no Rexistro Xeral do Concello de Vigo.

Por correo

Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.

Unha vez feito o pago, envíe o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, ao Rexistro Xeral do Concello de Vigo.

Documentación requirida

    • Memoria
      A memoria, subscrita por técnico competente, deberá referirse en todo caso aos seguintes aspectos: a) Descrición das obras a realizar. b) Relación de materiais a empregar. c) Localización exacta da beirarrúa ou calzada da obra. d) Se se prevé actuar sobre cruzamentos de rúas, indicación dos mesmos, datas e duración prevista. e) Duración estimada da obra. f) Ocupacións adicionais que se prevean con contedores de escombros, casetas de obras ou similares, debidamente superficiadas. g) Plan de sinalización e balizamento da obra de acordo co previsto no anexo desta ordenanza.
    • Plano de situación
      Plano en formato A4 ou A3 sobre a cartografía municipal, subscrito por técnico competente.
    • Planos parciais de planta, E1:500
      Plano en formato A4 ou A3 sobre a cartografía municipal, subscrito por técnico competente.
    • Planos de planta E: 1/2000
      Plano en formato A4 ou A3 sobre a cartografía municipal, subscrito por técnico competente, no caso de que fose máis de un os planos do punto anterior.
    • Planos do perfil lonxitudinal EH1:1000 EV1:100. Seccións tipo.
      Plano en formato A4 ou A3 sobre a cartografía municipal, subscrito por técnico competente, no caso de obras de saneamento.
    • Planos de detalle da obra
      Plano en formato A4 ou A3 sobre a cartografía municipal, subscrito por técnico competente.
    • Plano dos servizos afectados
      Plano en formato A4 ou A3 sobre a cartografía municipal, subscrito por técnico competente.
    • Orzamento de execución material
      Subscrito por técnico competente.
    • Estudo de Seguridade e Saúde
    • Designación de Facultativo Director das obras e Coordinador de seguridade e saúde
    • Estudo de xestión e producción de residuos
  • Cando a obra non se execute pola compañía de servizos
    • Copia de alta no IAE da empresa que se encargará dos traballos
      No caso de terse contratado. En caso contrario, deberá comunicarse ao Concello previamente ao inicio das obras.

Trámites relacionados

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información