Escudo Concello de Vigo

OB-001 Licenza de Obra Nova

Abrangue os seguintes tipos de obra:

a) Obras de sustitución: son aquelas nas que se derriba unha edificación existente e no seu lugar se constrúe unha nova.

b) Obras de nova planta: son aquelas mediante as cales se edifica unha parcela libre de edificación.

c) Obras especiais: son aquelas obras de características particulares que só se poden realizar no caso de que sexan esixidas pola propia normativa aplicable; establécense tres grupos:

1. Obras de reconstrución: son as que teñen por obxecto a reposición mediante nova construción dun edificio preexistente no mesmo lugar e posición, total ou parcialmente desaparecido, reproducindo fielmente as súas características morfolóxicas. Só se considera este tipo de obras en edificios sometidos a algún réxime de protección que as esixa, quedan exentas do cumprimento das condicións de nova planta que as imposibiliten, aínda que non das de seguridade.

2. Obras de desmontado traslado e reedificación.

3. Obras de recuperación tipolóxica: son aquelas obras de nova edificación que deben realizarse de acordo cun modelo tipolóxico preestablecido polo planeamento. Estas obras virán impostas na normativa correspondente, segundo casos específicos.

A quen está dirixido

Calquera persoa física ou xurídica.

Como facelo

Por Internet

Premendo no botón "Tramitar por Internet" pode realizar o pago da autoliquidación online e enviar a documentación requirida de forma telemática. Desta maneira a solicitude resultante e a documentación requirida quedará rexistrada de forma automática no Rexistro da Xerencia de Urbanismo sen que teña que realizar ningún trámite de forma presencial.




Presencialmente

Deberá achegar o impreso de solicitude, debidamente cumprimentado, xunto co xustificante do pago da taxa correspondente así como a documentación requirida no rexistro da xerencia de urbanismo.

Documentación requirida

  • Datos identificativos da persoa solicitante
    • Persoas físicas
      DNI (ou documento que faga as súas veces) da solicitante e da representante. As persoas que comparezan ou asinen en representación doutra, acompañarán ademais un documento que acredite debidamente devandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).
    • Persoas xurídicas
      1. DNI (ou documento que faga as súas veces) da persoa representante e documentación acreditativa da representación.
      2. Escritura ou documento de constitución e/ou Estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no Rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate.
  • Escritura pública de propiedade do terreo
    Dita escritura achegarase inscrita no Rexistro da Propiedade cando haxa cesións ou outras condicións suxeitas a inscrición rexistral.
  • Reportaxe fotográfica do soar ou da edificación
    Subscrita pola persoa solicitante e polo técnico redactor do proxecto. Nos casos de nova edificación en edificacións entre medianeiras, acompañarase tamén fotografías das fachadas dos edificios lindeiros.
  • Oficio de dirección das obras
  • Cuestionario estatístico de edificación e vivenda do Ministerio de Fomento
  • No caso de edificacións apegadas e cando proceda
    • Documentación acreditativa da mancomunidade de patios ou garaxes ou compromisos cos lindantes
  • Autorizacións sectoriais previas preceptivas
  • No caso de proxectos ou oficios de dirección sen visado colexial
    • Declaración responsable (ou certificado colexial) do técnico redactor do proxecto
      No que figuren os seus datos persoais e profesionais de forma que permita a súa identificación e na que se acredite que non está inhabilitado ou incurso en causa de incompatibilidade.
  • En edificacións incluídas nas zonas de ordenanza 2 e nos casos particulares da ordenanza 1
    • Resultado da consulta previa ante a comisión de seguimento do PEEC
      Será preceptiva ata que sexa aprobado definitivamente o Plan Especial do Ensanche.
  • Se achega proxecto básico
    • Proxecto técnico
      Redactado por técnico competente co contido establecido no Anexo I da Parte I do Código Técnico da Edificación e no anexo I da Ordenanza de tramitación de licenzas (2 copias ) (3 copias en edificios catalogados) (1 copia presentación telemática).
    • Xustificación do cumprimento da ordenanza municipal sobre captación e aproveitamento de enerxía solar para usos térmicos en edificacións e instalacións no termo municipal de Vigo
    • Plano dos perfís
      Se as obras para as que se solicita licenza comportan a execución de escavacións, terrapléns, desmonte ou rebaixe de terras.
      Achegará plano dos perfís que se consideren necesarios para apreciar o volume e características da obra a realizar así como os de detalles precisos que indiquen as precaucións a adoptar en relación coa propia obra, vía pública e fincas ou construcións veciñas que poidan ser afectadas polo desmonte ou terraplén.
  • Se achega proxecto básico e execución (ademais da documentación anterior)
    • Proxecto de infraestruturas comúns de telecomunicacións
      Redactado polo técnico competente de acordo co RD.lei 1/1998 (no caso de edificios con división horizontal). (1 copia)
    • Estudo de Seguridade e Saúde
      Segundo R.d. 1627/1997 redactado polo técnico competente.
    • Proxecto técnico da instalación de enerxía solar térmica para auga quente sanitaria
      Redactado por técnico competente.
    • Oficio da dirección da execución da obra
    • Estudio de xestión de residuos
      Segundo R.d. 105/2008.
  • Se a edificación ten por obxecto o desenvolvemento dunha actividade
    • Proxecto técnico da actividade e das instalacións
      (ou Memoria no caso de instalacións de pequena entidade) redactado por técnico/a competente, co contido establecido no anexo I da Ordenanza de tramitación de licenzas.
    • Declaración expresa
      Declaración de que se cumpren todos os requisitos para o exercicio da actividade e de que os locais e as instalacións reúnen as condicións de seguridade, salubridade e as demais previstas no planeamento urbanístico.
    • A autorización ou declaración ambiental que proceda
    • Autorizacións e informes sectoriais que sexan preceptivos
      Xunto coa manifestación expresa de que se conta con todos os necesarios para o inicio da obra, instalación ou actividade.

Oficinas

  • Xerencia Municipal de Urbanismo

    Praza do Rei s/n
    Teléfono: 986 810 349

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Trámites relacionados

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información