Escudo Concello de Vigo

OB-004 Licenza de Obras de Movemento de Terras

Estarán suxeitos a licenza de obra os movementos de terra e obras de desmonte non incluídos en proxectos de edificación ou proxectos de urbanización.

A quen está dirixido

Calquera persoa física ou xurídica.

Como facelo

Por Internet


Premendo no botón "Tramitar por Internet" pode realizar o pago da autoliquidación online e enviar a documentación requirida de forma telemática. Desta maneira a solicitude resultante e a documentación requirida quedará rexistrada de forma automática no Rexistro da Xerencia de Urbanismo sen que teña que realizar ningún trámite de forma presencial.





Presencialmente

Deberá entregar o impreso de solicitude, debidamente cumprimentado, xunto co justificante do pago da taxa correspondente así como a documentación requirida no rexistro da xerencia de urbanismo.

Documentación requirida

  • Datos identificativos da persoa solicitante
    • Persoas físicas
      DNI (ou documento que faga as súas veces) da solicitante e da representante. As persoas que comparezan ou asinen en representación doutra, acompañarán ademais un documento que acredite debidamente devandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).
    • Persoas xurídicas
      1. DNI (ou documento que faga as súas veces) da persoa representante e documentación acreditativa da representación.
      2. Escritura ou documento de constitución e/ou Estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no Rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate.
  • Reportaxe fotográfica da parcela
    Subscrita polo solicitante e polo técnico redactor do proxecto.
  • Oficio da dirección da execución da obra
  • Proxecto técnico redactado por técnico competente co seguinte contido mínimo (2 copias ) (1 copia presentación telemática)
    • Memoria urbanística
      Incluirá a xustificación da viabilidade urbanística dos movementos de terra segundo as condicións esixidas polos diversos Títulos da normativa do Plan Xeral.
    • Plano a escala 1:2000 ou 1:1000 da cartografía oficial de Vigo
      No que se sinalen a situación da parcela ou edificación na que se pretenden as obras.
    • Copia do Plano oficial acreditativo da acta de liña e rasante
      A cal deberá reflectirse sobre un plano topográfico a escala mínima 1:500 cos mesmos parámetros cos que sexa fixado polos técnicos municipais (excepto nas zonas de ordenanza 1 e 2).
    • Plano topográfico da parcela ou parcelas á que se refire a solicitude, a escala non menor de 1:500
      No que se indiquen as cotas de altimetría, e, ademais, a edificación e arboredo existentes, a posición, en planta e altura, das construcións das fincas veciñas que poidan ser afectadas por desmonte ou terraplén.
    • Plano dos perfís
      Achegará plano dos perfís que se consideren necesarios para apreciar o volume e características da obra a realizar así como os de detalles precisos que indiquen as precaucións a adoptar en relación coa propia obra, vía pública e fincas ou construcións veciñas que poidan ser afectadas polo desmonte ou terraplén.
    • Memoria técnica complementaria
      Referida á documentación prevista nos apartados anteriores explicativa das características, programa e coordinación dos traballos a efectuar.
    • Orzamento detallado das obras
    • Estudo de Seguridade e Saúde
      Segundo o R.d. 1627/1997 redactado polo técnico competente.
    • Estudio de xestión de residuos
      Segundo R.d. 105/2008.
  • Autorizacións sectoriais previas preceptivas
  • No caso de proxectos ou oficios de dirección sen visado colexial
    • Declaración responsable (ou certificado colexial) do técnico redactor do proxecto
      No que figuren os seus datos persoais e profesionais de forma que permita a súa identificación e na que se acredite que non está inhabilitado ou incurso en causa de incompatibilidade.

Oficinas

  • Xerencia Municipal de Urbanismo

    Praza do Rei s/n
    Teléfono: 986 810 349

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Trámites relacionados

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información