Escudo Concello de Vigo

OB-005 Licenza de Parcelamento ou Informe de Innecesidad de Parcelamento

De conformidade co artigo 204 da Lei 9/2002 modificada pola Lei 15/2004 e a Lei 2/2010, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia considerarase parcelamento urbanístico a división de terreos en dous ou máis lotes ou porcións co fin da súa urbanización ou edificación, xa sexa en forma simultánea ou sucesiva.

Estarán suxeitas a licenza previa todos os parcelamentos urbanísticos non incluídos en proxectos de compensación ou reparcelamento.

Nos casos de segregacións ou divisións de parcelas que non supoñan parcelamento urbanístico, poderá solicitarse un certificado sobre o innecesario da dita licenza.

A quen está dirixido

Calquera persoa física ou xurídica.

Como facelo

Por Internet

Premendo no botón "Tramitar por Internet" pode realizar o pago da autoliquidación online e enviar a documentación requirida de forma telemática. Desta maneira a solicitude resultante e a documentación requirida quedará rexistrada de forma automática no Rexistro da Xerencia de Urbanismo sen que teña que realizar ningún trámite de forma presencial.

Obrigatoria de conformidade co artigo 14.2 da lei Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións públicas : Persoas xurídicas, Entidades sen personalidade xurídica. Profesionais de colexiación obrigatoria, no exercicio de súa actividade profesional e quen represente a obrigados a relacionarse de forma electrónica




Presencialmente

Deberá entregar o impreso de solicitude, debidamente cumprimentado, xunto co justificante do pago da taxa correspondente así como a documentación requirida no rexistro da xerencia de urbanismo.

Documentación requirida

  • Datos identificativos da persoa solicitante
    • Persoas físicas
      DNI (ou documento que faga as súas veces) da solicitante e da representante. As persoas que comparezan ou asinen en representación doutra, acompañarán ademais un documento que acredite debidamente devandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).
    • Persoas xurídicas
      1. DNI (ou documento que faga as súas veces) da persoa representante e documentación acreditativa da representación.
      2. Escritura ou documento de constitución e/ou Estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no Rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate.
  • Escritura pública de propiedade do terreo
    Dita escritura achegarase inscrita no Rexistro da Propiedade cando haxa cesións ou outras condicións suxeitas a inscrición rexistral.
  • Reportaxe fotográfica da parcela e das edificacións existentes
    Subscrita polo solicitante e polo técnico redactor do proxecto.
  • No caso de solicitude de licenza de parcelamento: Proxecto técnico de parcelamento, redactado por técnico competente que incluirá o seguinte contido mínimo:
    • Memoria
      Na que se describa a finca a parcelar, coa súa referencia catastral; se xustifique o parcelamento e se describan as parcelas resultantes con expresión das súas superficies, lindeiros e localización. Ademais incluirá a descrición das edificacións existentes na parcela, coas superficies construídas e o cálculo da edificabilidade consumida.
    • Memoria urbanística
      Na que se xustifique o axuste do parcelamento ao planeamento vixente e a condición de edificable das fincas resultantes.
    • Plano de situación da cartografía oficial a escala non inferior a 1:2000
    • Plano topográfico da parcela orixinal a escala adecuada (mínimo 1:500)
      Indicando os seus lindeiros e as construcións existentes.
    • Plano de deslinde acoutado da parcela orixinal a escala adecuada (mínimo 1:500)
      No que se reflicta a aliñación oficial, cos mesmos parámetros con que foi fixada polos servizos técnicos municipais e se delimite a parcela (ou parcelas) fóra da aliñación e que serán obxecto de cesión, indicando a súa superficie.
    • Plano acoutado de parcelamento a mesma escala
      Indicando a superficie e lindeiros das fincas resultantes, así como as construcións existentes.
    • Ficha individualizada de cada parcela resultante co seguinte contido:
      A) Situación da finca, indicando se está ou non edificada.
      b) Plano a escala non menor de 1:500, con expresión dos seus lindeiros acoutados e determinación xeométrica necesaria para a súa correcta e inequívoca identificación e trazado.
      c) Clase e categoría do solo en que se acha enclavada.
      f) Uso do solo, altura, volume e situación da edificación, ocupación máxima da parcela e o aproveitamento do subsolo.
  • No caso de solicitude de informe de innecesariedade de parcelamento: documentación técnica, redactada por técnico competente, co seguinte contido mínimo:
    • Memoria
      Na que se describa a finca a parcelar, coa súa referencia catastral; descrición das súas superficies, lindeiros e localización, situación urbanística e clases de solo que lle afecten, así como a descrición das fincas resultantes da segregación, con expresión das superficies e lindeiros.
    • Plano de situación da cartografía oficial a escala non inferior a 1:2000 (situando a parcela.)
    • Plano topográfico da parcela orixinal a escala adecuada (mínimo 1:500)
      Indicando os seus lindeiros e as construcións existentes.
    • Plano de deslinde acoutado da parcela orixinal a escala adecuada (mínimo 1:500)
      Reflectindo a aliñación oficial, cos mesmos parámetros con que foi fixada polos servizos técnicos municipais, no que se indiquen as distintas clasificacións e cualificacións do solo que afecten a propiedade con expresión das distintas superficies.
    • Ficha individualizada de cada parcela resultante co mesmo contido que os proxectos de parcelamento
  • No caso de proxectos ou oficios de dirección sen visado colexial non presentados a través da PLATAFORMA DE EDICIÓN DE PROXECTOS
    • Declaración responsable (ou certificado colexial) do técnico redactor do proxecto
      No que figuren os seus datos persoais e profesionais de forma que permita a súa identificación e na que se acredite que non está inhabilitado ou incurso en causa de incompatibilidade.

Oficinas

  • Xerencia Municipal de Urbanismo

    Praza do Rei s/n
    Teléfono: 986 810 349

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Trámites relacionados

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información