Escudo Concello de Vigo

OB-006 Licenza de intervencións menores en Edificios Catalogados

Son obras caracterizadas pola súa escasa entidade económica e pola súa sinxeleza técnica, dirixidas á simple reparación, decoración, ou mantemento e limpeza, de edificios declarados bens de interese cultural ou catalogados polas súas singulares características ou valores culturais, históricos, artísticos, arquitectónicos ou paisaxísticos.

Inclúense as obras enumeradas na seguinte relación:
  1. Mantemento de partes non edificables de parcelas e soares:
    • Limpeza e roza interior de parcelas e soares, sen movementos de terras nin tala de arborado
    • Reparación de peches de parcelas sen afeccións estruturais.
  2. Mantemento de fachadas dos edificios:
    • Reparación e substitucións de elementos auxiliares da cuberta ( canalóns, baixantes e varandas)
    • Limpeza e pintado de fachadas.
    • Cambio de carpintería exterior, persianas, varandas ou similares.
  3. Mantemento de cubertas dos edificios:
    • Substitución puntual de material de cubertas ou terrazas.
  4. Mantemento e actualizacións das instalacións dos edificios:
    • Substitucións de instalacións privativas de vivenda ou local ( auga, gas, electricidade, desaugadoiros ou similar)
    • Novas instalacións non encastadas en elementos estruturais ( vigas, pilares, paredes mestras, etc.)
    • Mantemento de instalacións comúns do edificio ( ascensor, caldeiras, etc.)
  5. Mantemento dos acabados interiores dos edificios:
    • En paredes, solos e falsos teitos.
    • Reformas en cociñas ou baños que non modifiquen as divisións interiores.

A quen está dirixido

Calquera persoa física ou xurídica.

Como facelo

Por Internet


Premendo no botón "Tramitar por Internet" pode realizar o pago da autoliquidación online e enviar a documentación requirida de forma telemática. Desta maneira a solicitude resultante e a documentación requirida quedará rexistrada de forma automática no Rexistro da Xerencia de Urbanismo sen que teña que realizar ningún trámite de forma presencial.





Presencialmente

Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, ou solicitar o impreso na Xerencia de Urbanismo, e presentar o impreso de solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento.

Unha vez feito o pago, presente o impreso, xunto coa documentación requirida, no Rexistro da Xerencia de Urbanismo de Vigo.

Documentación requirida

  • Datos identificativos da persoa solicitante
    • Persoas físicas
      DNI (ou documento que faga as súas veces) da solicitante e da representante. As persoas que comparezan ou asinen en representación doutra, acompañarán ademais un documento que acredite debidamente devandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).
    • Persoas xurídicas
      1. DNI (ou documento que faga as súas veces) da persoa representante e documentación acreditativa da representación.
      2. Escritura ou documento de constitución e/ou Estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no Rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate.
    • Comunidade de propietarios
      DNI (ou documento que faga as súas veces) da ou do presidente. No caso de que a solicitude a realice a persoa administradora da comunidade, achegará o seu DNI e documento que acredite debidamente a súa representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).
      Ademais acta do nomeamento da persoa presidente ou acta da reunión de propietarios na que se recolla o acordo á realización das obras.
  • Plano de situación e localización
    A escala mínima 1:2000 e 1:500 respectivamente
  • Orzamento desglosado
    Da obra ou actuación a realizar
  • Reportaxe fotográfica
    Da fachada da edificación e da zona da obra.
  • Autorizacións e informes sectoriais que sexan preceptivos
  • No caso de edificacións situadas nos ámbitos das Ordenanzas 1 e 2 do PXOM vixente
    • Memoria xustificativa
      Do cumprimento das condicións estéticas, que deberá conter a seguinte documentación:
      1. No caso de actuacións dentro do ámbito do PEPRI Casco Vello: Xustificarase o cumprimento do artigo 3.6 da Normativa Urbanística do PEPRI do Casco Vello de Vigo no que se indican as condicións estéticas das edificacións (aprobación definitiva 12.04.07-DOG 6.06.07).
      2. No caso de actuacións dentro do ámbito do PEPRI de Bouzas: Xustificarase o cumprimento do capítulo VII: Regulación das condicións estéticas (artigo 50 e seguintes) da Normativa Urbanística do PEPRI de Bouzas (aprobación definitiva 30.09.02-BOP 11.11.02).
      3. No caso de actuacións en zona de ordenanza 2: Indicaranse os acabados (materiais, cor e texturas) que se axustarán ó regulado no artigo 8.2 Normas estéticas e de composición das normas urbanísticas do Plan especial de edificios, conxuntos e elementos a conservar, PEEC (aprobación definitiva 25.10.90-BOP 17.01.91).
      4. Presentaranse fotografías da fachada e o entorno da edificación, e se se actúa sobre as fachadas incluirase un plano de alzado co estado actual e reformado. Xustificarase a integración dos materiais propostos na fachada existente.
  • Nos casos de obras en fachadas que necesitan andamios
    • Certificado de técnico/a competente
      No que se indique que a colocación dos andamios se fai baixo a súa dirección e que reuniran as debidas condicións de seguridade unha vez instalado.
  • No caso de presentar documentación técnica
    • Declaración responsable (ou certificado colexial) de técnico competente
      No que figuren os seus datos persoais e profesionais de xeito que permita a súa identificación e na que se acredite que non está inhabilitado ou incurso en causa de incompatibilidade.

Observacións

En edificios non catalogados as obras menores están suxeitas a comunicación previa.

Oficinas

  • Xerencia Municipal de Urbanismo

    Praza do Rei s/n
    Teléfono: 986 810 349

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Trámites relacionados

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información