Escudo Concello de Vigo

OB-007 Licenza de Obra (Varios)

Abranguen todas as obras que non teñen cabida en ningunha das definicións dos trámites relacionados e non están suxeitas ao procedemento simplificado ou comunicación previa como poden ser piscinas, etc.

Ademais incluirá as solicitudes de instalación de carteleiras e antenas de telefonía non suxeitas a comunicación previa. Nestes casos a documentación a presentar ca solicitude será a establecidas nas ordenanzas especificas: Ordenanza municipal reguladora das condicións urbanísticas de localización, instalación e funcionamento dos elementos e equipos de telecomunicación e Ordenanza Urbanística reguladora da publicidade exterior no termo municipal de Vigo.

A quen está dirixido

Calquera persoa física ou xurídica.

Como facelo

Por Internet


Premendo no botón "Tramitar por Internet" pode realizar o pago da autoliquidación online e enviar a documentación requirida de forma telemática. Desta maneira a solicitude resultante e a documentación requirida quedará rexistrada de forma automática no Rexistro da Xerencia de Urbanismo sen que teña que realizar ningún trámite de forma presencial.





Presencialmente

Deberá entregar o impreso de solicitude, debidamente cumprimentado, xunto co justificante do pago da taxa correspondente así como a documentación requirida no rexistro da xerencia de urbanismo.

Documentación requirida

  • Datos identificativos da persoa solicitante
    • Persoas físicas
      DNI (ou documento que faga as súas veces) da solicitante e da representante. As persoas que comparezan ou asinen en representación doutra, acompañarán ademais un documento que acredite debidamente devandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).
    • Persoas xurídicas
      1. DNI (ou documento que faga as súas veces) da persoa representante e documentación acreditativa da representación.
      2. Escritura ou documento de constitución e/ou Estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no Rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate.
    • Comunidade de propietarios
      DNI (ou documento que faga as súas veces) da ou do presidente. No caso de que a solicitude a realice a persoa administradora da comunidade, achegará o seu DNI e documento que acredite debidamente a súa representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).
      Ademais acta do nomeamento da persoa presidente ou acta da reunión de propietarios na que se recolla o acordo á realización das obras.
  • Escritura pública de propiedade do terreo
    A dita escritura achegarase inscrita no Rexistro da Propiedade cando haxa cesións ou outras condicións suxeitas a inscrición no rexistro.
  • Reportaxe fotográfica do soar ou da edificación
    Subscrita polo solicitante e polo técnico redactor do proxecto. Nos casos de nova edificación en edificacións entre medianeiras, acompañarase tamén fotografías das fachadas dos edificios lindeiros.
  • Oficio de dirección das obras
  • Cuestionario estatístico de edificación e vivenda do Ministerio de Fomento
  • Autorizacións sectoriais previas preceptivas
  • No caso de proxectos ou oficios de dirección sen visado colexial
    • Declaración responsable (ou certificado colexial) do técnico redactor do proxecto
      No que figuren os seus datos persoais e profesionais de forma que permita a súa identificación e na que se acredite que non está inhabilitado ou incurso en causa de incompatibilidade.
  • En edificacións incluídas nas zonas de ordenanza 2 e nos casos particulares da ordenanza 1
    • Resultado da consulta previa ante a comisión de seguimento do PEEC
      Será preceptiva ata que sexa aprobado definitivamente o Plan Especial do Ensanche.
  • Se achega proxecto básico
    • Proxecto técnico
      Redactado por técnico competente co contido establecido no Anexo I da Parte I do Código Técnico da Edificación e no anexo I da Ordenanza de tramitación de licenzas (2 copias ) (3 copias en edificios catalogados) (1 copia presentación telemática).
    • Plano dos perfís
      Se as obras para as que se solicita licenza comportan a execución de escavacións, terrapléns, desmonte ou rebaixe de terras.
      Achegará plano dos perfís que se consideren necesarios para apreciar o volume e características da obra a realizar así como os de detalles precisos que indiquen as precaucións a adoptar en relación coa propia obra, vía pública e fincas ou construcións veciñas que poidan ser afectadas polo desmonte ou terraplén.
  • Se achega proxecto básico e execución (ademais da documentación anterior)
    • Estudo de Seguridade e Saúde
      Segundo R.d. 1627/1997 redactado polo técnico competente e visado polo correspondente colexio profesional.
    • Oficio da dirección da execución da obra
    • Estudio de xestión de residuos
      Segundo R.d. 105/2008.
  • No caso de solicitude de licenzas para a instalación de estacións base de telefonía ou equipos de telecomunicacións
    • Documentación Complementaria
      Establecida nos artigos 35 e 37 da Ordenanza municipal reguladora das condicións urbanísticas de localización, instalación e funcionamento dos elementos e equipos de telecomunicación no termo municipal de Vigo.
  • No caso de solicitude de licenzas para a instalación de carteleiras publicitarias
    • Documentación Complementaria
      Establecida no artigo 38 da Ordenanza urbanística reguladora da publicidade exterior no termo municipal de Vigo.

Oficinas

  • Xerencia Municipal de Urbanismo

    Praza do Rei s/n
    Teléfono: 986 810 349

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Trámites relacionados

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información