
Mediante este trámite as persoas interesadas poñen en coñecemento da administración pública competente os seus datos de identificación e demais requisitos esixibles para o exercicio dun dereito ou inicio dunha actividade, consonte co establecido no artigo 70.1 da Lei 30/1992, do 23 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
O inicio ou posta en funcionamento de actividades inocuas, suxeitas ao deber de obtención de licenza previa, tramitadas e autorizadas simultaneamente coas obras de adaptación do local, están suxeitas ao procedemento de comunicación previa.
A persoa interesada, baixo a súa responsabilidade, poderá iniciar a actividade desde a data indicada na solicitude, sempre e cando presente a documentación completa.
Calquera persoa física ou xurídica.
A persoa interesada, unha vez rematadas as obras, comunicaralle ao concello a data de inicio da actividade que vai desenvolver no local, conforme coa licenza autorizada e achegará, ademais do impreso normalizado, o certificado final das obras e o resto da documentación técnica.
Esta comunicación previa non é unha autorización administrativa para exercer unha actividade senón un medio para que a administración coñeza a existencia da dita actividade e posibilitar o control posterior, distinto da facultade de inspección ordinaria, mediante as oportunas actuacións administrativas. O control municipal prodúcese con posterioridade ao inicio da actividade. A existencia de inexactitudes, falsedades ou deficiencias no local determinará a imposibilidade de continuar co exercicio da actividade.
Praza do Rei s/n
Teléfono: 986 810 320
Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).