Escudo Concello de Vigo

Información do programa municipal de escolas deportivas 2019/2020

Mediante este trámite poderá realizar a inscripción no Programa Municipal de Escolas Deportivas.

A quen está dirixido

Está dirixida a todos os que xa estaban inscritos o ano pasado ou novas inscripcions, de forma presencial ou a través da web.

Como facelo

Por Internet

Realizar a reserva a través da web deportes.vigo.org.




Presencialmente

Recollendo e presentando a solicitude de inscrición nas oficinas do pavillón de Travesas xunto coa copia do ingreso realizado. Entre o 2 e o 6 de setembro para alumnos antigos (ver días específicos para cada modalidade deportiva), e entre o 11 e o 25 de setembro para alumnos novos (ver días específicos para cada modalidade deportiva).

Prazos

Reserva alumnos antigos a través de deportes.vigo.org dende o 01/09/2019 ata as 23:59 do 08/09/2019. Inscrición de alumnos novos dende o 11/09/2019 ata o 25/09/2019 (ver folleto).

Documentación requirida

Observacións

O importe a abonar é de 43.15 € para cada actividade (excepto a actividade de natación artística, remo, piragüismo, vela, kaiak, waterpolo e escalada que é de 111.20 €). Toda a información, no folleto adxunto no apartado de documentación.

Oficinas

  • Complexo de Travesas

    Avenida de Castrelos nº1

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información