Escudo Concello de Vigo

OB-010S Licenza de obra de Construción de Muro de Contención (Procedemento Simplicficado)

Muros de contención de terras non incluídos en licenzas de edificación, sexan ou non muros de peche.

A quen está dirixido

Calquera persoa física ou xurídica.

Como facelo

Presencialmente

Deberá entregar o impreso de solicitude, debidamente cumprimentado, así como a documentación requirida no rexistro da xerencia de urbanismo.

Documentación requirida

  • Datos identificativos da persoa solicitante
    • Persoas físicas
      DNI (ou documento que faga as súas veces) da solicitante e da representante. As persoas que comparezan ou asinen en representación doutra, acompañarán ademais un documento que acredite debidamente devandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).
    • Persoas xurídicas
      1. DNI (ou documento que faga as súas veces) da persoa representante e documentación acreditativa da representación.
      2. Escritura ou documento de constitución e/ou Estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no Rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate.
    • Comunidade de propietarios
      DNI (ou documento que faga as súas veces) da ou do presidente. No caso de que a solicitude a realice a persoa administradora da comunidade, achegará o seu DNI e documento que acredite debidamente a súa representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).
      Ademais acta do nomeamento da persoa presidente ou acta da reunión de propietarios na que se recolla o acordo á realización das obras.
  • Reportaxe fotográfica da parcela
    Subscrita polo solicitante e polo técnico redactor do proxecto.
  • Oficio de dirección das obras
  • Proxecto técnico completo
    Redactado por técnico competente co contido establecido no anexo I da Ordenanza de tramitación de licenzas (2 copias ) (1 copia presentación telemática). (Incluído Estudio de seguridade e saúde).
  • Autorizacións sectoriais previas preceptivas
  • No caso de proxectos ou oficios de dirección sen visado colexial
    • Declaración responsable (ou certificado colexial) do técnico redactor do proxecto
      No que figuren os seus datos persoais e profesionais de forma que permita a súa identificación e na que se acredite que non está inhabilitado ou incurso en causa de incompatibilidade.
  • Nomeamento do contratista e xustificación de alta para os efectos do imposto de actividades económicas

Observacións

A presentación da solicitude, coa documentación completa, de licenzas suxeitas ao procedemento simplificado, permite á persoa titular da mesma o inicio da actividade ou das obras solicitadas transcorrido o prazo dun mes sen recibir notificación en sentido contrario por parte da Xerencia de Urbanismo, de acordo co disposto no artigo 24 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións públicas.

Nos casos nos que sexa necesaria a emendar deficiencias na solicitude dunha actuación sometida ao procedemento simplificado, este feito suporá o cambio ao procedemento ordinario, non operando os efectos do silencio administrativo unha vez transcorrido o prazo dun mes. Neste caso non se poderán realizar as obras solicitadas, en tanto non se resolva a preceptiva licenza municipal.

Non se tramitarán polo procedemento simplificado licenzas de obras no ámbito do PEPRI CASCO VELLO, do PEPRI DE BOUZAS e do Plan Especial de Edificios a Conservar (PEEC) , nin en edificios catalogados e os seus ámbitos de protección.

Oficinas

  • Xerencia Municipal de Urbanismo

    Praza do Rei s/n
    Teléfono: 986 810 349

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información