Escudo Concello de Vigo

Subvencións para fomento do emprendemento e a consolidación empresarial a través do traballo colaborativo 2019

Esta convocatoria de subvencións, realizada pola Concellería de Emprego, Economía, Industria, Voluntariado e Relación con Sindicatos do Concello de Vigo, ten por obxecto a concesión en réxime de concorrencia competitiva, de axudas económicas para o fomento do emprego a través do emprendemento e a consolidación empresarial en entornas colaborativas (espazos de traballo compartidos entre varios usuarios que forman unha comunidade (coworking)) dende o 01 de xaneiro ao 30 de setembro de 2019. Están dirixidas a fomentar o emprego mediante o emprendemento e/ou a consolidación do mesmo, a través de axudas para o aluguer de espazos en centros de coworking, de tal xeito que se mellore a colaboración entre empresas e/ou profesionais independentes doutras actividades, a fin de reducir custos de funcionamento e mellorar a información, formación, colaboración e a oferta de servizos empresariais.

A quen está dirixido

Poderán concorrer a esta convocatoria pública as Persoas emprendedoras e micropemes (empresa cunha plantilla inferior a 10 traballadores e un volume de negocio e balance inferior a 2 millóns de euros), independentemente da súa forma xurídica, comunidades de bens, sociedades civís, sociedades cooperativas, sociedades laborais e persoas emprendedoras que causen alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou mutualidade de colexio profesional.

Como facelo

En cumprimento da obriga imposta polo artigo 14.2 da LPAC, os obrigados a relacionarse a través de medios electrónicos coas Administracións públicas, deberán presentar e tramitar por medios electrónicos a solicitude desta subvención a través da sede electrónica do Concello de Vigo, por calquera dos mecanismos de identificación e sinatura electrónica admitidos na sede electrónica.

Os solicitantes non obrigados poderán achegar a súa solicitude e a documentación complementaria en soporte papel, presencialmente ante o Rexistro xeral do Concello de Vigo, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Así mesmo e, pese a non estar obrigados, poderán optar pola tramitación electrónica da súa solicitude e documentación complementaria a través da sede electrónica do Concello de Vigo, e por calquera dos mecanismos de identificación e sinatura electrónica admitidos.

As solicitudes de subvención achegaranse debidamente cumprimentadas, mediante os modelos oficiais aprobados con estas bases, que estarán dispoñibles na páxina web e no Servizo de Información do Concello de Vigo e deberán asinarse electronicamente antes da súa remisión a través da sede electrónica do Concello de Vigo.

Por Internet

Para persoas obrigadas e non obrigadas de conformidade ao artigo 14.2 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións públicas.

Clique no botón "Tramitar por Internet" e siga os pasos que se lle indican.




Presencialmente

Unicamente para persoas físicas non obrigadas de conformidade ao artigo 14.2 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións públicas.

Deberá achegar o impreso de solicitude, debidamente cumprimentado, así como a documentación requirida no rexistro do concello de Vigo.

Documentación requirida

  • Contrato de alquiler
    Entre o solicitante e o centro de coworking.
  • Alta no IAE
    Da entidade ou empresario/a individual que solicita a axuda ou documento equivalente.
  • Documentación acreditativa do domicilio fiscal
    Tarxeta de identificación fiscal,...
  • Alta no réxime da Seguridade Social ou certificado da mutualidade do colexio profesional correspondente
    Das persoas promotoras que creen o seu propio posto de traballo.
  • Documentación Complementaria
    Calquera outra comunicación de modificación ou actualización de datos do solicitante que consideren relevante, podendo, así mesmo, acompañar os elementos que estimen convenientes para completar os datos dos modelos, que serán tidos en conta á hora de estudar e avaliar as solicitudes.
  • Se o solicitante é persoa xurídica
    • Escritura de constitución
      Copia do documento de constitución da entidade mercantil rexistrado no Rexistro público correspondente.
    • Acreditación da representación
      Copia da documentación acreditativa da representatividade suficiente para actuar en nome da entidade por parte de quen asina a solicitude.

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información