Escudo Concello de Vigo

Axudas á contratación e mellora do emprego da mocidade viguesa 2019

Convocatoria de subvencións para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, do programa de ”Axudas á contratación e mellora do emprego da mocidade viguesa” no marco da actuación municipal para o ano 2019, co obxecto de servir de estímulo ao empresariado para a contratación dos mozos e mozas do municipio de Vigo, a través dos seguintes programas de axudas:

A) Programa Indefinidos: comprenderá a transformación en indefinidos dos contratos xa formalizados xunto coas súas prórrogas, de ser o caso, en calquera das modalidades contractuais vixentes no período comprendido desde o 1 de xaneiro ata o 15 de xullo de 2019 realizados a persoas traballadoras menores de 30 anos, empadroadas no municipio de Vigo para prestar servizos no mesmo.

B) Programa Contratacións: comprenderá a contratación por conta allea de persoas traballadoras menores de 30 anos desempregadas, inscritas como demandantes de emprego na correspondente oficina do servizo Público de Emprego, empadroadas en Vigo, para prestar servizos no mesmo, e que accedan ao seu primeiro emprego ou a súa experiencia laboral sexa inferior a 365 días. Este programa comprenderá as contratacións que se realicen desde o 1 de xaneiro ata o 15 de xullo de 2019 que resulten do proceso de selección entre as candidaturas remitidas desde o servizo de Participación Cidadá e Desenvolvemento Local do Concello de Vigo e desde o servizo Público de Emprego de Galicia aos que, previamente, se lles presentará a correspondente oferta de emprego. No caso da falta de candidaturas co perfil requirido admitirase á empresa solicitante a contratación dunha persoa traballadora que resulte do seu proceso de selección e reúna os requisitos desta convocatoria.

A quen está dirixido

Poderán concorrer a esta convocatoria pública as entidades e empresas privadas, independentemente da súa forma xurídica, as comunidades de bens, sociedades civís, sociedades cooperativas, sociedades laborais e as persoas que causen alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou mutualidade de colexio profesional.

Non poderán solicitar estas axudas as entidades sen ánimo de lucro nin as persoas físicas distintas do disposto no parágrafo anterior.

Como facelo

En cumprimento da obriga imposta polo artigo 14.2 da LPAC, os obrigados a relacionarse a través de medios electrónicos coas Administracións públicas, deberán presentar e tramitar por medios electrónicos a solicitude desta subvención a través da sede electrónica do Concello de Vigo, por calquera dos mecanismos de identificación e sinatura electrónica admitidos na sede electrónica.

Os solicitantes non obrigados poderán achegar a súa solicitude e a documentación complementaria en soporte papel, presencialmente ante o Rexistro xeral do Concello de Vigo, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Así mesmo e, pese a non estar obrigados, poderán optar pola tramitación electrónica da súa solicitude e documentación complementaria a través da sede electrónica do Concello de Vigo, e por calquera dos mecanismos de identificación e sinatura electrónica admitidos.

As solicitudes de subvención achegaranse debidamente cumprimentadas, mediante os modelos oficiais aprobados con estas bases, que estarán dispoñibles nesta páxina web e no Servizo de Información do Concello de Vigo e deberán asinarse electrónicamente antes da súa remisión a través da sede electrónica do Concello de Vigo.

Por Internet

Para persoas obrigadas e non obrigadas de conformidade ao artigo 14.2 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións públicas.

Clique no botón "Tramitar por Internet" e siga os pasos que se lle indican.




Presencialmente

Unicamente para persoas físicas non obrigadas de conformidade ao artigo 14.2 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións públicas.

Deberá achegar o impreso de solicitude, debidamente cumprimentado, así como a documentación requirida no rexistro do concello de Vigo.

Documentación requirida

  • A) Documentación específica do Programa Indefinidos:
    • Vida Laboral
      Do código de conta de cotización relativo á empresa solicitante expedido pola TXSS, con data posterior á transformación do contrato temporal a indefinido.
    • Copia dos contratos de traballo
    • Certificado e/ou documento acreditativo da pertenza da persoa traballadora a algún dos colectivos especificados no punto a.3 das bases e convocatoria

Lexislación relacionada

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información