Escudo Concello de Vigo

OB-005 Licenza de reforma Comercial (Edificios Catalogados)

Obra de acondicionamento de local: son aquelas obras que adaptan un local existente ás condicións para o exercicio dunha actividade mediante a introdución de novas instalacións, a modernización das existentes ou a redistribución do seu espazo interior, sen intervir sobre as características morfolóxicas do edificio, as instalacións xerais ou estrutura portante, nin alterar a envolvente do edificio.

En locais situados en edificios declarados bens de interese cultural ou catalogados polas súas singulares características ou valores culturais, históricos, artísticos, arquitectónicos ou paisaxísticos, no caso de necesitar obras de acondicionamento para o desenvolvemento dunha actividade suxeita a comunicación previa deberá solicitar licenza de obras de reforma comercial. Unha vez rematada a obra comunicarase o inicio da actividade, co procedemento descrito na comunicación previa de inicio de actividade CP-001, achegando o correspondente Certificado Final de Obra e estudo de illamento acústico e, no caso da apertura de establecementos destinados a actividades recreativas ou espectáculos, achegara declaración responsable segundo procedemento AR-001.

No resto das edificacións as obras de acondicionamento están suxeitas a comunicación previa co procedemento descrito no anexo 2 de la ordenanza de licenzas urbanísticas e outras formas de intervención administrativa.

No caso de obras de acondicionamento dun establecemento destinado a espectáculos ou actividades recreativas suxeitas a licenza previa tramitaranse e conformidade co Anexo da dita Ordenanza

A quen está dirixido

Calquera persoa física ou xurídica.

Como facelo

Por Internet

Premendo no botón "Tramitar por Internet" pode realizar o pago da autoliquidación online e enviar a documentación requirida de forma telemática. Desta maneira a solicitude resultante e a documentación requirida quedará rexistrada de forma automática no Rexistro da Xerencia de Urbanismo sen que teña que realizar ningún trámite de forma presencial.

Obrigatoria de conformidade co artigo 14.2 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións públicas : Persoas xurídicas, Entidades sen personalidade xurídica. Profesionais de colexiación obrigatoria, no exercicio de súa actividade profesional e quen represente a obrigados a relacionarse de forma electrónica




Presencialmente

Deberá entregar o impreso de solicitude, debidamente cumprimentado, xunto co justificante do pago da taxa correspondente así como a documentación requirida no rexistro da xerencia de urbanismo.

Documentación requirida

  • Datos identificativos da persoa solicitante
    • Persoas físicas
      DNI (ou documento que faga as súas veces) da solicitante e da representante. As persoas que comparezan ou asinen en representación doutra, acompañarán ademais un documento que acredite debidamente devandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).
    • Persoas xurídicas
      1. DNI (ou documento que faga as súas veces) da persoa representante e documentación acreditativa da representación.
      2. Escritura ou documento de constitución e/ou Estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no Rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate.
  • Documento acreditativo da dispoñibilidade do local
    Contrato de arrendamento ou escritura de compra, etc.
  • Proxecto técnico das obras de adaptación que se van a realizar
    Redactado por técnico/a competente, co contido mínimo establecido no anexo I da Ordenanza de tramitación de licenzas. O proxecto deberá xustificar que tras as obras o local será apto para o novo uso, conforme á normativa aplicable en función do mesmo e con especial referencia ao cumprimento das condicións de estabilidade, illamento térmico e acústico, seguridade contra incendios e accesibilidade precisas para o uso pretendido.
  • Proxecto técnico da actividade e das instalacións
    (ou Memoria no caso de instalacións de pequena entidade) redactado por técnico/a competente, co contido mínimo establecido neste anexo da Ordenanza de tramitación de licenzas.
  • Autorizacións e informes sectoriais que sexan preceptivos
    Xunto coa manifestación expresa de que conta con todos os necesarios para o inicio da actividade. (Copia).
  • Oficio de dirección das obras
  • Reportaxe fotográfica do local
    Incluídas fotografías da totalidade de fachada e do interior do local, subscrita pola persoa solicitante e pola ou polo técnico redactor do proxecto.
  • No caso de proxectos ou oficios de dirección sen visado colexial non presentados a través da PLATAFORMA DE EDICIÓN DE PROXECTOS
    • Declaración responsable (ou certificado colexial) do técnico redactor do proxecto
      (ou certificado colexial) de técnico/a competente no que figuren os seus datos persoais e profesionais de xeito que permita a súa identificación e na que se acredite que non está inhabilitado/a ou incurso/a en causa de incompatibilidade.
  • Se a actividade se somete ao procedemento previo de incidencia ambiental
    • Declaración de incidencia ambiental
    • Proxecto da obra ou actividade
      Asinada por técnico/a competente. (Copia).
    • Certificado de que o proxecto cumpre coa normativa técnica de aplicación
  • Se a actividade a desenvolver no establecemento é un espectáculo público ou unha actividade recreativa
    • Póliza de seguro de responsabilidade civil obrigatorio e o recibo de pagamento das primas correspondentes ao período do seguro en curso ou a copia destes
      Previsto na normativa en materia de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia
    • Documento acreditativo da adecuación do espectáculo público ou da actividade recreativa aos requisitos exixibles
      Documento acreditativo asinado pola persoa interesada da designación da persoa física ou xurídica que debe asumir a responsabilidade técnica da execución do proxecto e que debe expedir a certificación que acredite a adecuación do espectáculo público ou da actividade recreativa aos requisitos exixibles

Oficinas

  • Xerencia Municipal de Urbanismo

    Praza do Rei s/n
    Teléfono: 986 810 349

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Trámites relacionados

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información