Solicitude programa municipal Vigo en Inglés 2024

A finalidade do Programa Municipal de Inmersión en Lingua Inglesa “Vigo en Inglés” é mellorar a competencia e capacitación en lingua inglesa do alumnado de 3º ESO mediante a integración escolar nun High School en período lectivo fomentando a súa aprendizaxe e o contacto con outras culturas nun ámbito internacional.

A convocatoria de solicitudes de prazas para o programa Vigo en Inglés 2024 desenvolvese nas páxinas web escolas.vigo.org/vigoeningles e/ou www.vigoeningles.org

A quen está dirixido

Alumnos/as, españois ou estranxeiros con tarxeta de residencia ou de estancia por estudos en vigor, que estean a cursar 3º ESO no presente curso escolar 2024, de centros educativos do Concello de Vigo sostidos con fondos públicos.

Como facelo

Por Internet

Prema no botón "Tramitar por Internet" e siga as instrucións.




Presencialmente

No Rexistro Xeral do Concello de Vigo de luns a venres en horario de 9 a 13:30 horas, previa cita na web citaprevia.vigo.org ou nos teléfonos 010 / 986 810 260 / 986 810 100.

Prazos

O prazo de presentación de solicitudes será do luns 8 de abril ao venres 19 de abril de 2024, ambos os dous incluídos.

Documentación requirida

    • Formulario PDF de solicitude asinado
    • Certificación académica 2º ESO
    • Certificación académica matrícula curso 2023 - 2024
    • DNI/NIE do alumno/a, autorización de residencia
    • Pasaporte do/a alumno/a en vigor
    • DNIs / NIEs, autorización de residencia (pai e nai ou titor/a legal)
    • Libro de Familia (completo)
    • Título de Familia Numerosa
    • Título de familia monoparental
    • Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador
    • Certificado de discapacidade
    • Documentación Complementaria
      (certificado médico, certificado de defunción,.....)

Observacións

Para calquera información adicional pode consultar a páxina web do programa www.vigoeningles.org

Oficinas

  • Servizo de Educación do Concello de Vigo

    Concello de Vigo - Andar 11 36201 Vigo

    Teléfonos: 986 810 181

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información