Escudo Concello de Vigo

Solicitude programa municipal Vigo en Inglés 2021-2022

A finalidade do Programa Municipal de Inmersión en Lingua Inglesa “Vigo en Inglés” é mellorar a competencia e capacitación en lingua inglesa do alumnado de 3º e 4º ESO mediante a integración escolar nun High School en período lectivo fomentando a súa aprendizaxe e o contacto con outras culturas nun ámbito internacional.

A convocatoria de solicitudes de prazas para o programa Vigo en Inglés 2021-2022 desenvolvese nas páxinas web escolas.vigo.org/vigoeningles e/ou www.vigoeningles.org

A quen está dirixido

Alumnos/as, españois ou estranxeiros con tarxeta de residencia ou de estancia por estudos en vigor, que estean a cursar 3º e 4º ESO no presente curso escolar 2021-2022, de centros educativos do Concello de Vigo sostidos con fondos públicos.

Como facelo

Por Internet

Prema no botón "Tramitar por Internet" e siga as instrucións.




Presencialmente

No Rexistro Xeral do Concello de Vigo de luns a venres en horario de 9 a 13:30 horas, previa cita na web citaprevia.vigo.org ou nos teléfonos 010 / 986 810 260 / 986 810 100

Prazos

O prazo de presentación de solicitudes será do luns 22 de novembro ao martes 21 de decembro de 2021, ambos os dous incluídos.

Documentación requirida

    • Formulario PDF de solicitude asinado
    • Certificación académica 2º ESO
    • Certificación académica matrícula curso 2021 - 2022
    • DNI/NIE do alumno/a, autorización de residencia ou pasaporte en vigor
    • DNIs / NIEs, autorización de residencia (pai e nai ou titor/a legal)
    • Libro de Familia (completo)
    • Título de Familia Numerosa
    • Título de familia monoparental
    • Sentenza de divorcio e/ou convenio regulador
    • Certificado de discapacidade
    • Documentación Complementaria
      (certificado médico, certificado de defunción,.....)

Oficinas

  • Servizo de Educación do Concello de Vigo

    Concello de Vigo - Andar 11 36201 Vigo Teléfonos: 986 810 181

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información