Escudo Concello de Vigo

Solicitude programa municipal Vigo en Inglés 2020

A finalidade do Programa Municipal de Inmersión en Lingua Inglesa “Vigo en Inglés” é mellorar a competencia e capacitación en lingua inglesa do alumnado de 3º ESO mediante a integración escolar nun High School en período lectivo fomentando a súa aprendizaxe e o contacto con outras culturas nun ámbito internacional.

A convocatoria de solicitudes de prazas para o programa Vigo en Inglés 2020 desenvolvese na páxina web www.vigoeningles.org

A quen está dirixido

Alumnos/as, españois ou estranxeiros con tarxeta de residencia ou de estancia por estudos en vigor, que estean a cursar 3º ESO no presente curso escolar 2019-2020, de centros educativos do Concello de Vigo sostidos con fondos públicos.

Como facelo

Por Internet

Prema no botón “Tramitar por internet” e siga os pasos que se lle indican.




Presencialmente

Motivado pola excepcionalidade das medidas de contención adoitadas polo coronavirus, requírese das familias solicitantes do programa educativo municipal -Vigo en Inglés 2020-, que na medida do posible realicen íntegramente todo o proceso de solicitude vía telemática, e en todo caso para rexistro presencial debe solicitar cita previa - opción educación - nos teléfonos 010 - 986 810 260 ou a través da web Solicitud de cita previa para servizos municipais

Prazos

O prazo de presentación de solicitudes será do mércores 10 de xuño ao xoves 9 de xullo de 2020, ambos os dous incluídos.

Documentación requirida

    • Documento PDF de preinscripción
    • Certificación académica
    • DNI/NIE do alumno/a, autorización de residencia ou pasaporte en vigor
    • DNI/NIE, autorización de residencia (pai e nai ou titor/a legal)
    • Libro de Familia
    • Título de Familia Numerosa
    • Título de familia monoparental
    • Sentenza de divorcio e/ou convenio regulador
    • Certificado de discapacidade
    • Documentación Complementaria
      (certificado médico, certificado de defunción,.....)

Observacións

Para calquera información adicional pode consultar a páxina web do programa www.vigoeningles.org

Oficinas

  • Servizo de Educación do Concello de Vigo

    Concello de Vigo - Andar 11 36201 Vigo Teléfonos: 986 810 181

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información