Escudo Concello de Vigo

Alegacións ao plan xeral de ordenanción urbana

A través deste trámite podera presentar alegacións ao plan xeral de ordenanción urbana.

A quen está dirixido

Calquera persoa física ou xurídica.

Como facelo

Por Internet

Premendo no botón "Tramitar por Internet" pode realizar a solicitude online e enviar a documentación requirida de forma telemática. Desta maneira a solicitude resultante e a documentación requirida quedará rexistrada de forma automática no Rexistro da Xerencia de Urbanismo sen que teña que realizar ningún trámite de forma presencial.




Presencialmente

Só para persoas non obrigadas a relacionarse de forma electrónica coa Administración de conformidade co artigo 14.2 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións públicas.

Deberá achegar o impreso de solicitude, debidamente cumprimentado, xunto coa documentación requirida.

Documentación requirida

    • Impreso de alegacións ao plan xeral de ordenación urbana
    • Pluralidade de persoas solicitantes Impreso para indicar que a alegación recolle as pretensións correspondentes a unha pluralidade de persoas. De conformidade co artigo 66.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cando as presentacións correspondentes a unha pluralidade de persoas teñan un contido e fundamento idéntico ou substancialmente similar, poderán ser formuladas nunha única solicitude.
    • Copia de folla de plano do plan
      sinalando de forma visible a parcela ou terreo obxecto da alegación.

Oficinas

  • Xerencia Municipal de Urbanismo

    Praza do Rei s/n
    Teléfono: 986 810 349

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Trámites relacionados

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información