Solicitude de Acta de Aliñación e Rasante

Denomínase aliñación oficial a liña sinalada polo planeamento para establecer o límite que separa os solos destinados a vía pública ou espazos libres públicos das parcelas edificables ou do espazo interposto definido no Art. 6.2.13 das Normas Urbanísticas. Nos casos que procedan, poderá determinar as condicións de edificación de fincas lindeiras para os efectos de aplicación de recuados ou acaroamentos derivados do Artigo 6.3.13 ou dos que correspondan, sobre situación da edificación nas zonas de ordenanzas que así estea regulada en aplicación do anterior.

A aliñación oficial recollerase na Acta de Aliñacións e Rasantes .

A Acta de Aliñacións e Rasantes é o plano formalizado pola Administración Municipal, subscrito por técnico competente, no que se sinalan, ademais das circunstancias de deslinde contempladas no parágrafo anterior, o estado da urbanización, se a parcela reúne ou non a condición de soar, a superficie aproximada de cesión gratuíta ou de expropiación, se é o caso, a súa formalización e o importe aproximado dos gastos de urbanización afectos á finca, se os houbese.

A quen está dirixido

Como facelo

Por Internet

Pode realizar o pago da autoliquidación e enviar a documentación requirida de forma telemática. Deste xeito a solicitude resultante e a documentación requirida quedará rexistrada de forma automática no Rexistro da Xerencia de Urbanismo sen que teña que realizar ningún trámite de forma presencial.

Obligatoria de conformidad con el artículo 14.2 de la ley Ley 39/2015 del Procedimiento Administrativo Común de las Administraciones públicas : Personas jurídicas, Entidades sin personalidad jurídica. Profesionales de colexiación obligatoria, en el ejercicio de suya actividad profesional y quien represente la obligados a relacionarse de forma electrónica




Presencialmente

So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).

Deberá achegar o impreso de solicitude, debidamente cumprimentado, xunto co xustificante do pago da taxa correspondente así como a documentación requirida no rexistro da xerencia de urbanismo.Unicamente para persoas físicas non obrigadas de conformidade ao artigo 14.2 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións públicas

Prazos

A Acta de Aliñacións e Rasantes deberá ser expedida nun prazo máximo de tres 3 meses.

Documentación requirida

    • Impreso de solicitude xeral da Xerencia de Urbanismo
    • Impreso de autoliquidación de taxa por alineacións e rasantes
    • Solicitante: Fotocopia do DNI no caso de persoas físicas. No caso de persoas xurídicas a persoa que asina a petición achegará documentación acreditativa da súa representación como unha fotocopia pública da escritura de constitución da sociedade, poder,etc
    • Plano de situación a escala mínima 1:1000 da cartografía oficial
      (2 copias) realizado sobre Cartografía Oficial de Vigo, no que se sinalen a forma e superficie da parcela, e fincas lindeiras, anchos das vías que definen as súas fachadas e situación respecto do viario de conformidade co rueiro municipal. Este plano deberá ser asinado por un técnico competente que se responsabiliza da veracidade dos datos aportados.

Observacións

- Excepcionalmente, e no prazo de dez días hábiles contados desde a presentación da solicitude, a Administración Municipal poderá solicitar levantamento topográfico da parcela cando existan discordancias entre a realidade e o planeamento e/ou a súa descrición rexistral. Este levantamento deberá estar apoiado alomenos en dous vértices próximos da Rede Topográfica e sempre en coordenadas UTM.

En tanto non se aporte o levantamento topográfico quedará interrompido o prazo de expedición da Acta.

- As Actas de Aliñacións e Rasantes terán vixencia indefinida. Como actos de información urbanística que son non terán efecto vinculante para a Administración municipal. Contra elas non cabe interpor recurso algún.

- Calquera alteración do planeamento dará lugar a que queden sen efecto as actas de aliñación practicadas con anterioridade á súa aprobación, podendo rehabilitarse no caso de que dita modificación non afectase ás aliñacións.

Oficinas

  • Xerencia Municipal de Urbanismo

    Praza do Rei s/n

    Teléfono: 986 810 320

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Trámites relacionados

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información