Escudo Concello de Vigo

Solicitude de axudas municipais a familias con fillos e fillas en ensino obrigatorio

O concello de vigo no ámbito das súas competencias convoca o programa de “Axudas municipais a familias con fillos e fillas en ensino obrigatorio” co obxecto de servir de apoio ás familias do alumnado de centros docentes públicos e privados concertados, de educación primaria, educación secundaria obrigatoria e de educación especial do termo municipal de Vigo, coa finalidade de paliar os efectos da actual crise económica.

A quen está dirixido

Poderán beneficiarse destas axudas os pais, nais, titores/as ou representantes legais do alumnado de centros docentes sostidos con fondos públicos sitos no termo municipal de Vigo matriculados en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial.

Como facelo

Por Internet

Só para aquelas persoas que dispoñan de sinatura dixital (Non válidos cl@ve permanente e Acceso PIN 24H)

Se non dispón de sinatura dixital utilice o sistema "Presencialmente" a continuación (botón verde)

Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.




Presencialmente

Prema no botón Tramitar presencialmente e siga os pasos que se lle indican.

Debe cubrir o formulario web e presentar o impreso resultante, xunto coa documentación requirida, no Rexistro Xeral do Concello de Vigo previa solicitude de cita.

Poderá solicitar cita previa no seguinte enlace: Solicitude de cita previa

Horario cita previa:

- Luns a xoves: de 9 a 13:30 e de 16 a 19:30 horas.

- Venres: de 9 a 13:30 horas


Prazos

Poderá facer a solicitude desde o día 3 de decembro de 2022 ata o 2 de febreiro de 2023.

Documentación requirida

    • Libro de Familia
      completo ou documentación oficial acreditativa dos membros da unidade familiar, coas súas datas de nacemento.
    • Certificado de matrícula do centro escolar
      acreditativo de que o alumnado para o que se solicita a axuda está matriculado no curso 2022-2023 en Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria ou Educación Especial.
    • Documento acreditativo do IBAN
      da conta bancaria da persoa solicitante da axuda.
    • Xustificante / Volante de Empadroamento
      só para os solicitantes non empadroados en Vigo.
    • De ser o caso outro documento xustificativo da convivencia co menor
  • No caso de facer a solicitude presencialmente:
    • DNI, NIE ou pasaporte da persoa solicitante

Oficinas

  • Servizo de Educación do Concello de Vigo

    Concello de Vigo - Andar 11

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información