Subvencións para desenvolvemento de congresos, xornadas, conferencias, seminarios, ou foros para fomento da contratación de persoas en situación de desemprego 2025

Esta convocatoria de subvencións, realizada pola Concellería de Emprego do Concello de Vigo, ten por obxecto a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas dirixidas ao financiamento de congresos, seminarios, xornadas ou calquera outro de igual ou similar natureza dirixidas á mocidade da nosa cidade, que mellore a dinamización empresarial, a contratación de persoas en situación de desemprego cara a busca de emprego, o autoemprego e o fomento do emprendemento.

Estas axudas están dirixidas ao fomento do emprego mediante a celebración de congresos, seminarios, xornadas u calquera outro de igual ou similar natureza de xeito que se cree un punto de encontro entre a comunidade xuvenil, especialmente alumando e persoas recen tituladas, e o mundo empresarial, no que se promova a transferencia de coñecemento sobre o estado do mercado laboral como fonte de mellora da competitividade e impulsar a detección de novas oportunidades, mercados e vías de negocio ou de colaboración, ademais do achegamento do mundo empresarial e a sociedade á mocidade de Vigo.

A quen está dirixido

Poderán acceder á condición de beneficiarios das subvenciones reguladas nesta bases entidades sen ánimo de lucro, que estean inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións (RMA), fundacións e institucións de dereito público do ámbito educativo, e teñan como ámbito de actuación o termo municipal de Vigo.

Cómo hacerlo

Por Internet

Dispoñible a partir do primeiro día do prazo de solicitudes

Para persoas obrigadas e non obrigadas de conformidade ao artigo 14.2 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións públicas.

Clique no botón "Tramitar por Internet" e siga os pasos que se lle indican.

Presencialmente

So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).

Unicamente para persoas físicas non obrigadas de conformidade ao artigo 14.2 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións públicas.

Deberá achegar o impreso de solicitude, debidamente cumprimentado, así como a documentación requirida no rexistro do concello de Vigo.

Prazos

Prazo para presentación de solicitudes: Do 30/04/2025 ao 14/05/2025

Documentación requerida

Ayuntamiento de Vigo (Servicio de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servicios de la Sede Electrónica

Carpeta ciudadana

Para tener acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario y clave de Carpeta Ciudadana o mediante Certificado electrónico (como el DNI electrónico).

Más información