Vigo inclusivo, é un programa de ocio e tempo libre que se está a levar a cabo dende a Concellería de Política Social do Concello de Vigo, e que está dirixido a persoas con diversidade funcional, a partires dos tres anos de idade.
A finalidade deste programa, ademais de favorecer a educación non formal e o desenvolvemento integral de persoas con diversidade funcional, é a de permitir a conciliación familiar nos períodos non lectivos (Semana Santa, verán e Nadal).
Este programa incluirá a realización de actividades inclusivas de carácter lúdico e dinámico, excursións e actividades culturais, ademais de obradoiros e actividades específicas.
Poderán ser beneficiarias persoas con diversidade funcional, a partir de tres anos e ata os 64 anos, e empadroadas no Concello de Vigo.
No Campamento de Nadal 2025 ofertaranse 30 prazas e realizarse os días 22,23,26,29 e 30 de decembro no Verbum, en horario de 09:00 h a 14:00 h.
Este campamento non inclúe transporte.
En caso de presentarse máis solicitudes que prazas ofertadas, os criterios a seguir para a adxudicación das prazas serán:
1º.- Necesidade de conciliación das familias.
2º.- Solicitantes con 65% ou máis de discapacidade.
3ª.- Orde de presentación da solicitude.
Enviando a solicitude e documentación requirida ao Rexistro Xeral do Concello a través da carpeta cidadá.
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
As persoas solicitantes presentarán as súas solicitudes e demais documentación requirida no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (LPACAP).
Prazo aberto dende o venres 28 de novembro ao venres 12 de decembro ambos inclusive.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).