SEDE ELECTRÓNICA

Punto de acceso para facilitar a participación pública no procedemento de elaboración de normas.

Esta canle constitúese como o punto de acceso aos trámites de consulta pública previa e de audiencia e información pública no proceso de elaboración dos proxectos de normas reglamentarias que se impulsen polo Concello de Vigo e os seus organismos públicos dependentes ou vinculados, conforme ao regulado no art. 133 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Consulta previa: O art. 133 Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, establece con carácter previo á elaboración de normativa municipal, a necesidade de substanciar unha consulta pública previa, para solicitar a opinión dos suxeitos e das organizacións máis representativas potencialmente afectados pola futura norma acerca dos problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa, a necesidade e oportunidade da súa aprobación, os obxectivos da norma e as posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias.

Información Pública e audiencia: O art. 133 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas establece como norma xeral no procedemento de aprobación de normativa municipal, a obrigación de substanciar unha fase para dar audiencia aos cidadáns afectados cando a norma afecte os dereitos e intereses lexítimos das persoas, e solicitar cantas achegas adicionais poidan facerse por outras persoas ou entidades.

O art. 49 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora de Bases de Réxime Local, establece así mesmo unha fase de información pública e audiencia aos interesados polo prazo mínimo de trinta días para a presentación de reclamacións e suxestións, tras a aprobación inicial das ordenanzas.

Trámites abertos

A continuación recóllese o listado das iniciativas e propostas normativas para as que se atopa aberto este trámite:

Consulta Previa

Información Pública e audiencia

Listado de trámites na fase de reclamacións e aportacións de cidadáns.


Histórico

A continuación recóllese o listado histórico das iniciativas e propostas normativas:

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información