OB-001 Licenza de obra nova - a través de representante

Abrangue os seguintes tipos de obra:

a) Obras de nova planta: son as obras de construción dun novo edificio sobre un soar baleiro.

b) Obras de substitución: son as obras que implican a demolición dun edificio, ou das partes del que se conserven, e a construción sobre o soar baleiro dun novo edificio.

c) Obras de reconstrución: son as obras que teñen por obxecto a reposición, mediante nova construción, dun edificio preexistente total ou parcialmente desaparecido, no mesmo lugar e reproducindo as súas características tipolóxicas, utilizando como base partes orixinais deste cuxa autenticidade poida acreditarse.

A quen está dirixido

Calquera persoa física ou xurídica.

Como facelo

Por Internet

Premendo no botón "Tramitar por Internet" pode realizar o pago da autoliquidación online e enviar a documentación requirida de forma telemática. Desta maneira a solicitude resultante e a documentación requirida quedará rexistrada de forma automática no Rexistro da Xerencia de Urbanismo sen que teña que realizar ningún trámite de forma presencial.

Obrigatoria de conformidade co artigo 14.2 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións públicas : Persoas xurídicas, Entidades sen personalidade xurídica. Profesionais de colexiación obrigatoria, no exercicio de súa actividade profesional e quen represente a obrigados a relacionarse de forma electrónica




Presencialmente

So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).

Deberá achegar o impreso de solicitude, debidamente cumprimentado, xunto co xustificante do pago da taxa correspondente así como a documentación requirida no rexistro da xerencia de urbanismo.

Documentación requirida

    • Impreso normalizado de solicitude de licenza de obra nova OB-001
    • Impreso de autoliquidación da taxa correspondente Copia do documento de autoliquidación da taxa correspondente
    • Documentación persoas físicas
      Identificación no rexistro ou na sede electrónica. Quen compareza ou asine en representación doutra, acompañarán un documento que acredite debidamente a devandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable) e copia do DNI do representado
    • Persoas xurídicas
      Identificación no rexistro ou na sede electrónica do representante e documentación acreditativa da representación e escritura ou documento de constitución e/ou estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate. Non é necesario nas solicitudes realizadas na sede electrónica co certificado electrónico da persoa xurídica
    • Escritura pública de propiedade do terreo
      A dita escritura achegarase inscrita no Rexistro da Propiedade cando haxa cesións ou outras condicións suxeitas a inscrición rexistral. A superficie e lindeiros deberá coincidir coa parcela real e coa parcela catastral.
    • Representación gráfica xeorreferenciada
      en formato GML INSPIRE ou similar, da parcela catastral, de maneira que permita identificar sobre cartografía catastral a situación, forma e superficie da parcela e permita a súa incorporación ao Catastro. Neste sentido, o GML debe ser o resultante da medición topográfica real e recente da parcela obxecto da solicitude e que serve de base para a redacción do proxecto para o que se solicita a licenza de obra
    • Reportaxe fotográfica
      do soar ou da edificación no que se aprecien todos os seus lindeiros, subscrita polo/a solicitante e polo técnico redactor do proxecto. Nos casos de nova edificación en edificacións entre medianeiras, acompañarase tamén fotografías das fachadas dos edificios lindeiros.
    • Oficio de dirección das obras
    • Cuestionario estatístico de edificación e vivenda do Ministerio de Fomento
    • Documentación acreditativa da mancomunidade de patios ou garaxes ou compromisos cos lindantes no caso de edificacións apegadas (Cando proceda.)
    • Autorizacións sectoriais previas preceptivas
      No caso de parcelas afectadas polas servidumes aeronáuticas legalmente establecidas deberá aportar xustificante da presolicitude realizada na sede electrónica da AESA.
    • Proxecto técnico
      redactado por técnico/a competente co contido establecido no Anexo I da Parte I do Código técnico da edificación e no anexo da Ordenanza de tramitación de licenzas .
    • Xustificación do cumprimento da ordenanza municipal sobre captación e aproveitamento de enerxía solar para usos térmicos en edificacións e instalacións no termo municipal de Vigo
  • En edificacións incluídas en ámbitos de Plan Especial de Intervención.
    • Resultado da consulta previa ante a comisión de seguimento do PEEC
      En edificacións incluídas no ámbito do Plan Especial e Catálogo Complementario de Edificios, Conxuntos e Elementos a Conservar, e nos casos particulares do Plan Especial de Protección e Reforma Interior (PEPRI) do Casco Vello ou Plan Especial de Protección e Reforma Interior (PEPRI) do Casco Histórico de Bouzas será preceptiva a presentación do resultado da consulta previa ante a Comisión de Seguimento do PEEC.
  • No caso de proxectos ou oficios de dirección sen visado colexial
    • Declaración responsable (ou certificado colexial) do técnico redactor do proxecto
      no que figuren os seus datos persoais e profesionais de forma que permita a súa identificación e na que se acredite que non está inhabilitado ou incurso en causa de incompatibilidade.
  • De ser o caso
    • Certificación de conformidade coa legalidade urbanística e o planeamento aplicable
      emitida por unha entidade de certificación de conformidade municipal debidamente acreditada e inscrita no Rexistro de Entidades de Certificación de Conformidade Municipal da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Se a licenza se solicita co proxecto básico e execución, ademais da documentación anterior deberá presentar: (Para proxectos achegados a través da Plataforma de edición de proxectos ou do acceso telemático ao Colexio Profesional,so deberá aportar o código
    • Proxecto de infraestruturas comúns de telecomunicacións
      redactado polo/a técnico/a competente de acordo co R.D.l. 1/1998 (no caso de edificios con división horizontal) e proxecto técnico que prevexa a instalación de infraestrutura de soporte do fogar dixital redactado polo/a técnico/a competente de acordo co Decreto 127/2016 nas edificacións de uso residencial.
    • Estudo de seguridade e saúde
      segundo R.D. 1627/1997 redactado polo/a técnico/a competente.
    • Proxecto técnico da instalación de enerxía solar térmica para auga quente sanitaria
      redactado por técnico/a competente
    • Oficio da dirección da execución da obra
    • Estudio de xestión de residuos
      segundo R.D. 105/2008.
    • Proxecto técnico da actividade e das instalacións
      (ou Memoria no caso de instalacións de pequena entidade) redactado por técnico/a competente, co contido establecido no anexo da Ordenanza de tramitación de licenzas.
    • Declaración expresa
      Declaración de que se cumpren todos os requisitos para o exercicio da actividade e de que os locais e as instalacións reúnen as condicións de seguridade, salubridade e as demais previstas no planeamento urbanístico, subscrita polo técnico autor do proxecto.
    • Autorización ou declaración ambiental que proceda
  • Se a edificación ten por obxecto o desenvolvemento dunha actividade, ademais deberá achegar: (No caso de proxectos achegados a través da Plataforma de edición de proxectos ou do acceso telemático ao Colexio Profesional, so deberá aportar o código)
    • Autorizacións e informes sectoriais que sexan preceptivos
      xunto coa manifestación expresa de que se conta con todos os necesarios para o inicio da obra, instalación ou actividade.
  • Se se trata dunha actividade recreativa ou un espectáculo público suxeita a declaración responsable:
    • Declaración expresa
      Declaración onde se faga constar o compromiso de contratación do seguro previsto na normativa en materia de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia ou documentación acreditativa da dispoñibilidade daquel.
    • Documento acreditativo
      Documento acreditativo asinado pola persoa interesada da designación da persoa física ou xurídica que debe asumir a responsabilidade técnica da execución do proxecto e que debe expedir a certificación que acredite a adecuación do espectáculo público ou da actividade recreativa aos requisitos exixibles.

Oficinas

  • Xerencia Municipal de Urbanismo

    Praza do Rei s/n

    Teléfono: 986 810 320

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Trámites relacionados

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información