Mediante este trámite as persoas interesadas poñen en coñecemento da administración pública competente os seus datos de identificación e demais requisitos esixibles para a realización de obras menores, consonte o establecido no artigo 69.2 da Lei 39/2015, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Son obras menores, caracterizadas pola súa escasa entidade económica e pola súa sinxeleza técnica, que as eximen da necesidade de documentación técnica, dirixidas á simple reparación, decoración, ou mantemento e limpeza, agás en edificios catalogados nos que todas as obras están suxeitas a licenza previa.
Inclúense as obras enumeradas na seguinte relación:
1. Mantemento de partes non edificables de parcelas e soares:
1.a Limpeza e roza interior de parcelas e soares, sen movementos de terras.
1.b Reparación de peches de parcelas sen afeccións estruturais.
1.c Tala de árbores que non forman masa arbórea.
2. Mantemento de fachadas dos edificios:
2.a Reparación e substitución de elementos auxiliares da cuberta (canalóns, baixantes e varandas).
2.b Limpeza e pintado de fachadas. 2.c Cambio de carpintería exterior, persianas, varandas ou similares.
3. Mantemento de cubertas dos edificios:
3.a Substitución puntual de material de cubertas ou terrazas.
4. Mantemento e actualizacións das instalacións dos edificios:
4.a Substitución de instalacións privativas de vivenda ou local (auga, gas, electricidade, desaugadoiros ou similar).
4.b Novas instalacións non encastadas en elementos estruturais (vigas, piares, paredes mestras, etc.), sen instalacións no exterior.
4.c Mantemento de instalacións comúns do edificio (ascensor, caldeiras, etc.).
5. Mantemento ou substitución dos acabados interiores dos edificios:
5.a En paredes, solos e falsos teitos.
5.b Reformas en cociñas ou baños que non modifiquen as divisións interiores.
A comunicación previa deberá realizarse cunha antelación mínima de 15 días hábiles.
Calquera persoa física ou xurídica que vaia a realizar unha actividade suxeita a comunicación previa.
Premendo no botón "Tramitar por Internet" pode realizar o pago da autoliquidación online e enviar a documentación requirida de forma telemática. Desta maneira a solicitude resultante e a documentación requirida quedará rexistrada de forma automática no Rexistro da Xerencia de Urbanismo sen que teña que realizar ningún trámite de forma presencial.
Obrigatoria de conformidade co artigo 14.2 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións públicas: Persoas xurídicas, Entidades sen personalidade xurídica. Profesionais de colexiación obrigatoria, no exercicio de súa actividade profesional e quen represente a obrigados a relacionarse de forma electrónica.
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
Deberá achegar o impreso de solicitude, debidamente cumprimentado, xunto co xustificante do pago da taxa correspondente así como a documentación requirida no rexistro da xerencia de urbanismo.En edificios catalogados todas as obras están suxeitas a licenza de obra previa.
Praza do Rei s/n
Teléfono: 986 810 320
Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).