O inicio das obras de nova edificación, ampliación ou reestruturación xeral autorizadas mediante a correspondente licenza urbanística, esixe a presentación no Rexistro da Xerencia Municipal de Urbanismo da comunicación previa de inicio das obras achegando ademais o correspondente Proxecto de execución, no caso de que non se tivese presentado previamente, e a documentación complementaria que proceda.
No caso de proxectos de execución que modifiquen o proxecto básico autorizado, o interesado deberá solicitar previamente a oportuna licenza, coa documentación esixida e non poderá iniciar a obra en tanto non obteña nova licenza. Considerase que se altera significativamente o proxecto cando se produzan cambios de uso, cando se vexan afectadas as condicións de volume e forma dos edificios, a posición e ocupación do edificio na parcela; a edificabilidade; alturas; recuados e separación a lindeiro; número de vivendas; condicións de seguridade e outras similares.
Calquera persoa física ou xurídica que vaia a realizar unha actividade suxeita a comunicación previa.
Premendo no botón "Tramitar por Internet" pode realizar o pago da autoliquidación online e enviar a documentación requirida de forma telemática. Desta maneira a solicitude resultante e a documentación requirida quedará rexistrada de forma automática no Rexistro da Xerencia de Urbanismo sen que teña que realizar ningún trámite de forma presencial.
Obrigatoria de conformidade co artigo 14.2 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións públicas: Persoas xurídicas, Entidades sen personalidade xurídica. Profesionais de colexiación obrigatoria, no exercicio de súa actividade profesional e quen represente a obrigados a relacionarse de forma electrónica.
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
Deberá achegar o impreso de solicitude, debidamente cumprimentado, xunto co xustificante do pago da taxa correspondente así como a documentación requirida no rexistro da xerencia de urbanismo.Praza do Rei s/n
Teléfono: 986 810 320
Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).