Comunicación previa de construción de peches de parcelas (excepto muros de contención) CP-005

Peches de parcelas, excepto muros de contención de terras provisionais e definitivos cando a altura sexa igual ou superior a 1,5 m).

Os muros de contención de altura igual o superior a 1,5 m están suxeitos a licenza previa.

A quen está dirixido

Calquera persoa física ou xurídica que vaia a realizar unha actividade suxeita a comunicación previa.

Relación de actividades suxeitas a comunicación previa.

Como facelo

Por Internet

Premendo no botón "Tramitar por Internet" pode realizar o pago da autoliquidación online e enviar a documentación requirida de forma telemática. Desta maneira a solicitude resultante e a documentación requirida quedará rexistrada de forma automática no Rexistro da Xerencia de Urbanismo sen que teña que realizar ningún trámite de forma presencial.

Obrigatoria de conformidade co artigo 14.2 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións públicas: Persoas xurídicas, Entidades sen personalidade xurídica. Profesionais de colexiación obrigatoria, no exercicio de súa actividade profesional e quen represente a obrigados a relacionarse de forma electrónica.




Presencialmente

So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).

Deberá achegar o impreso de solicitude, debidamente cumprimentado, xunto co xustificante do pago da taxa correspondente así como a documentación requirida no rexistro da xerencia de urbanismo.

Documentación requirida

    • Impreso normalizado de comunicación previa de obras maiores, instalacións, peches e rótulos CP-005
    • Impreso de autoliquidación da taxa correspondente
    • Persoas físicas
      Identificación no rexistro ou na sede electrónica. Quen compareza ou asine en representación doutra, acompañarán un documento que acredite debidamente a devandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable) e copia do DNI do representado.
    • Persoas xurídicas
      Identificación no rexistro ou na sede electrónica do representante e documentación acreditativa da representación e escritura ou documento de constitución e/ou estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate. Non é necesario nas solicitudes realizadas na sede electrónica co certificado electrónico da persoa xurídica.
    • Plano de situación da cartografía oficial a escala non inferior a 1:2000
    • Plano de deslinde acoutado da parcela orixinal a escala adecuada (mínimo 1:500)
    • Memoria descriptiva
      coa indicación dos materiais, altura e lonxitude do peche.
    • Copia das restantes autorizacións
      e se é o caso, concesións administrativas cando sexan legalmente esixibles ao solicitante, ou acreditación de terse solicitado o seu outorgamento.
    • Orzamento detallado das obras ou actuación a realizar
      deberá estar asinado polo/a contratista, executor/a da obra ou técnico/a competente.
    • Reportaxe fotográfica da parcela
      na que se pretende construir o peche
    • Documentación complementaria
      Se a actuación proxectada se atopa no contorno de protección dun ben incluído no Catálogo do Plan Xeral de Ordenación Municipal vixente, deberá xustificar que as obras están comprendidas entre as enumeradas no artigo 45.2 da Lei 5/2016 do patrimonio cultural de Galicia e, polo tanto, non precisan a autorización prevista no artigo 39.1 da dita lei. No caso de obras que non cumpran a anterior condición e se atopen no ámbito de protección dun elemento catalogado cun nivel de protección ambiental ou estrutural, deberá solicitar nesta administración autorización, previa á eficacia da comunicación previa, de conformidade co artigo 39.1 da LPCG.
  • Se o peche non linda fronte a vía pública
    • Copia do Plano oficial acreditativo da acta de liña e rasante
      (que se deberá reflectir sobre un plano topográfico a escala mínima de 1:500 cos mesmos parámetros fixados polo persoal técnico municipal).
  • No caso de muros de contención de menos de 1,5 m de altura:
    • Proxecto técnico completo
      redactado por técnico/a competente e declaración do/a técnico/a ou dos/as técnicos/as facultativos/as que autoricen o proxecto de que este cumpre en todos os seus termos coa ordenación urbanística de aplicación, así como estudo de seguridade e saúde e estudo de xestión de residuos.
  • De ser o caso
    • Certificación de conformidade coa legalidade urbanística e o planeamento aplicable
      Emitida por unha entidade de certificación de conformidade municipal debidamente acreditada e inscrita no Rexistro de Entidades de Certificación de Conformidade Municipal da Comunidade Autónoma de Galicia.

Observacións

En edificios catalogados todas as obras están suxeitas a licenza de obra previa.

A persoa interesada queda exenta de declarar ante o Catastro Inmobiliario os feitos, actos ou negocios con relevancia catastral derivados da presente comunicación previa, por terse acollido o Concello de Vigo ao réxime de comunicación do artigo 14.b) do Texto refundido da Lei do Catastro Inmobiliario, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 1/2004, do 5 de marzo.

Oficinas

  • Xerencia Municipal de Urbanismo

    Praza do Rei s/n

    Teléfono: 986 810 320

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Trámites relacionados

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información